Amicacina: Diferenzas entre revisións
Liña 15: | Liña 15: | ||
==Efectos secundarios== |
==Efectos secundarios== |
||
Os efectos secundarios da amicancina son similares aos dos outros [[aminoglicósido]]s. Os efectos máis importantes son a [[ototoxicidade]] e a [[nefrotoxicidade]]. Os niveis sanguíneos deste antibiótico e os marcadores da función renal ([[creatinina]]) poden ser monitorizados durante o tratamento. Ademais, as doses axústanse especificamente baseándose |
Os efectos secundarios da amicancina son similares aos dos outros [[aminoglicósido]]s. Os efectos máis importantes son a [[ototoxicidade]] e a [[nefrotoxicidade]]. Os niveis sanguíneos deste antibiótico e os marcadores da función renal ([[creatinina]]) poden ser monitorizados durante o tratamento. Ademais, as doses axústanse especificamente baseándose na eliminación renal de creatinina sérica <ref name="Gault MH et al.">{{cite journal |author=Gault MH, Longerich LL, Harnett JD, Wesolowski C |title=Predicting glomerular function from adjusted serum creatinine |journal=Nephron |volume=62 |issue=3 |pages=249–56 |year=1992 |pmid=1436333 |doi=10.1159/000187054}}</ref> en contornos clínicos. |
||
==Notas== |
==Notas== |
Revisión como estaba o 18 de outubro de 2011 ás 11:06
A amicacina ou amikacina é un antibiótico do grupo dos aminoglicósidos utilizado no tratamento de diversas infeccións bacterianas [1] . A amicacina funciona uníndose á subunidade de 30S do ribosoma bacteriano, interferindo coa síntese de proteínas causando erros de lectura do ARNm.
Administración
A amicacina pode administrarse unha ou dúas veces ao día por vía intravenosa ou intramuscular, xa que non se absorbe oralmente. As persoas con insuficiencia renal, a dosificación debe axustarse de acordo coa eliminación de creatinina (que mide o grao de filtración glomerular renal ou GFR [2]), xeralmente reducindo a frecuencia das doses.
Usos
A amicacina úsase principalmente para tratar casos graves de infeccións hospitalarias por bacterias Gram negativas multirresistentes, como Pseudomonas aeruginosa, Acinetobacter, e Enterobacter. Tamén se inclúen no seu espectro a Serratia marcescens e a Providencia stuartii. A amicacina pode tamén utilizarse para tratar infeccións por micobacterias, como as da tuberculose cando os tratamentos de primeira liña non funcionan.
A amicacina pode combinarse con antibióticos beta-lactámicos para realizar unha terapia inicial previa ao diagnóstico definitivo en persoas con neutropenia e febre.
Resistencia
A amicacina é moi difícil de inactivar polos sistemas bacterianos, polo que é difícil que aparezan resistencias. A amicacina é inmune ao ataque da maioría dos encimas inactivadores bacterianos; esta protección realízaa o residuo L-hidroxiaminobuteroil amida (L-HABA) unido ao nitróxeno en posición 3, que inhibe a acetilación, fosforilación e adenilación no anel do azucre situado a maior distancia (C-2,C-3,C-4). Para previr o desenvolvemento de resistencias bacterianas a este antibiótico extremadamente poderoso, o seu uso está estritamente regulado.
Efectos secundarios
Os efectos secundarios da amicancina son similares aos dos outros aminoglicósidos. Os efectos máis importantes son a ototoxicidade e a nefrotoxicidade. Os niveis sanguíneos deste antibiótico e os marcadores da función renal (creatinina) poden ser monitorizados durante o tratamento. Ademais, as doses axústanse especificamente baseándose na eliminación renal de creatinina sérica [3] en contornos clínicos.
Notas
- ↑ Edson RS, Terrell CL. The aminoglycosides. Mayo Clin Proc. 1999 May;74(5):519-28. Review. PMID 10319086
- ↑ GFR Calculator at cato.at - Cockcroft-Gault - GFR calculation (Cockcroft-Gault formula)
- ↑ Gault MH, Longerich LL, Harnett JD, Wesolowski C (1992). "Predicting glomerular function from adjusted serum creatinine". Nephron 62 (3): 249–56. PMID 1436333. doi:10.1159/000187054.