Amicacina: Diferenzas entre revisións
Liña 9: | Liña 9: | ||
A amicacina úsase principalmente para tratar casos graves de infeccións hospitalarias por bacterias [[Gram negativa]]s multirresistentes, como ''[[Pseudomonas aeruginosa]]'', ''[[Acinetobacter]]'', e ''[[Enterobacter]]''. Tamén se inclúen no seu espectro a ''[[Serratia marcescens]]'' e a ''[[Providencia stuartii]]''. A amicacina pode tamén utilizarse para tratar infeccións por micobacterias, como as da [[tuberculose]] cando os tratamentos de primeira liña non funcionan. |
A amicacina úsase principalmente para tratar casos graves de infeccións hospitalarias por bacterias [[Gram negativa]]s multirresistentes, como ''[[Pseudomonas aeruginosa]]'', ''[[Acinetobacter]]'', e ''[[Enterobacter]]''. Tamén se inclúen no seu espectro a ''[[Serratia marcescens]]'' e a ''[[Providencia stuartii]]''. A amicacina pode tamén utilizarse para tratar infeccións por micobacterias, como as da [[tuberculose]] cando os tratamentos de primeira liña non funcionan. |
||
A amicacina pode combinarse con antibióticos [[beta-lactámico]]s para realizar unha |
A amicacina pode combinarse con antibióticos [[beta-lactámico]]s para realizar unha terapia inicial previa ao diagnóstico definitivo en persoas con [[neutropenia]] e [[febre]]. |
||
==Resistencia== |
==Resistencia== |
Revisión como estaba o 18 de outubro de 2011 ás 10:55
A amicacina ou amikacina é un antibiótico do grupo dos aminoglicósidos utilizado no tratamento de diversas infeccións bacterianas [1] . A amicacina funciona uníndose á subunidade de 30S do ribosoma bacteriano, interferindo coa síntese de proteínas causando erros de lectura do ARNm.
Administración
A amicacina pode administrarse unha ou dúas veces ao día por vía intravenosa ou intramuscular, xa que non se absorbe oralmente. As persoas con insuficiencia renal, a dosificación debe axustarse de acordo co aclaramento de creatinina, xeralmente reducindo a frecuencia das doses.
Usos
A amicacina úsase principalmente para tratar casos graves de infeccións hospitalarias por bacterias Gram negativas multirresistentes, como Pseudomonas aeruginosa, Acinetobacter, e Enterobacter. Tamén se inclúen no seu espectro a Serratia marcescens e a Providencia stuartii. A amicacina pode tamén utilizarse para tratar infeccións por micobacterias, como as da tuberculose cando os tratamentos de primeira liña non funcionan.
A amicacina pode combinarse con antibióticos beta-lactámicos para realizar unha terapia inicial previa ao diagnóstico definitivo en persoas con neutropenia e febre.
Resistencia
A amicacina é moi difícil de inactivar polos sistemas bacterianos, polo que é difícil que aparezan resistencias. A amicacina é inmune ao ataque da maioría dos encimas inactivadores bacterianos; esta protección realízaa o residuo L-hidroxiaminobuteroil amida (L-HABA) unido ao nitróxeno en posición 3, que inhibe a acetilación, fosforilación e adenilación no anel do azucre situado a maior distancia (C-2,C-3,C-4). Para previr o desenvolvemento de resistencias bacterianas a este antibiótico extremadamente poderoso, o seu uso está estritamente regulado.
Efectos secundarios
Os efectos secundarios da amicancina son similares aos dos outros aminoglicósidos. Os efectos máis importantes son a ototoxicidade e a nefrotoxicidade. Os niveis sanguíneos deste antibiótico e os marcadores da función renal (creatinina) poden ser monitorizados durante o tratamento. Ademais, as doses axústanse especificamente baseándose no aclaramento de creatinina sérica en contornos clínicos. [Cómpre referencia]
Notas
- ↑ Edson RS, Terrell CL. The aminoglycosides. Mayo Clin Proc. 1999 May;74(5):519-28. Review. PMID 10319086