Premios Teen Choice: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MystBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ar:Teen Choice Awards
MystBot (conversa | contribucións)
Liña 7: Liña 7:
[[Categoría:Premios]]
[[Categoría:Premios]]


[[ar:جائزة إختيار المراهقين]]
[[ar:Teen Choice Awards]]
[[cs:Teen Choice Awards]]
[[cs:Teen Choice Awards]]
[[da:Teen Choice Awards]]
[[da:Teen Choice Awards]]

Revisión como estaba o 17 de outubro de 2011 ás 10:29

Os premios Teen Choice son galardóns que se conceden anualmente nun programa emitido pola Fox desde 1999 para recoñecer á mellor na música, cine, televisión, deporte, moda e máis segundo os votos de adolescentes entre 13 e 19 anos. No programa participan celebridades e músicos e os gañadores reciben táboas de surf de tamaño reducido, 182 cm, pintadas con deseños propios do verán.

Desenvolvemento

Os produtores executivos son Bob Bain e Michael Burg, o produtor Paul Flattery e o produtor supervisor Greg Sills, eles querían organizar uns premios como os da Nickelodeon Kids' Choice pero para un público adolescente e cunha estética ao estilo da MTV. Entre 1999 e 2005 celebrábanse semanas antes da súa transmisión pero desde 2006 emítense en directo. A ceremonia de 2010 celebrouse o 8 de agosto nos Ánxeles en directo por internet[1]presentado por Michael Buckley, ao día seguinte emitiuse na Fox xa presentado por Katy Perry e os protagonistas de Glee, Kevin McHale, Cory Monteith, Mark Salling e Chris Colfer.

Notas