Miguel Anxo Araúxo Iglesias: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
+ cat
m paréntese
Liña 1: Liña 1:
'''Miguel Anxo Araúxo Iglesias''', nado o [[10 de xaneiro]] de [[1920]] en [[Sabadelle, O Pereiro de Aguiar|Sabadelle]], [[O Pereiro de Aguiar]], e falecido o [[22 de xullo]] de [[2007]] en [[Ourense]], foi un [[bispo]] e [[escritor]] galego.
'''Miguel Anxo Araúxo Iglesias''', nado o [[10 de xaneiro]] de [[1920]] en [[Sabadelle, O Pereiro de Aguiar|Sabadelle]] ([[O Pereiro de Aguiar]]), e falecido o [[22 de xullo]] de [[2007]] en [[Ourense]], foi un [[bispo]] e [[escritor]] galego.


==Traxectoria==
==Traxectoria==

Revisión como estaba o 15 de outubro de 2011 ás 16:38

Miguel Anxo Araúxo Iglesias, nado o 10 de xaneiro de 1920 en Sabadelle (O Pereiro de Aguiar), e falecido o 22 de xullo de 2007 en Ourense, foi un bispo e escritor galego.

Traxectoria

Carreira eclesiástica

Iniciou os seus estudos de bacharelato no Instituto de Ourense e proseguiunos en 1932 na Universidade Pontificia de Comillas onde obtivo a licenciatura en Filosofía (1941) e Teoloxía (1945). Foi consagrado sacerdote en Comillas en xullo de 1945. Trasladado como crego a Ourense, foi profesor de Teoloxía no seminario desa cidade e reitor del entre 1956 a 1966.

O 6 de setembro de 1970 foi ordenado bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, nunha cerimonia presidida polo cardeal de Santiago, Fernando Quiroga Palacios. O acto da súa ordenación episcopal foi realizado na catedral de Ourense, e por primeira vez na historia da igrexa galega, en galego. O día 13 dese mes entrou oficialmente na catedral de Mondoñedo. Durante o seu período como bispo de Mondoñedo-Ferrol tocoulle vivir a transición e as cerimonias funerais dos obreiros Amador Niebla e Daniel Rey, mortos en enfrontamentos coa policía, á que condenou nunha homilia. Foi coñecido polas súas ideas progresistas e a prol dunha maior presenza da lingua galega na Igrexa católica. En 1985 a Santa Sé concedeulle a xubilación anticipada.

Escritor e tradutor

Foi un gran potenciador dos textos relixiosos en galego, e presidiu a comisión técnica encargada da tradución do Misal romano ao galego. Traballou tamén na versión dos Rituais sacramentais e preparou un devocionario popular en lingua galega. Publicou diversas pastorais no boletín do bispado de Mondoñedo-Ferrol e outros textos de pensamento cristián, e colaborou en diversos xornais como La Voz de Galicia ou La Región e revistas como Irimia, Encrucillada, Raigame ou a Revista de Estudios Mindonienses.

O 30 de maio de 1980 ingresou na Real Academia Galega para ocupar a cadeira que deixara vacante Ramón Otero Pedrayo, cun discurso titulado A igrexa de Mondoñedo nas súas Sinodais, que foi respondido por Ramón Piñeiro.

Entre as súas obras destacan:

  • A fe cristiá ante a cuestión da lingua galega (1975)
  • Escritos cristiáns sobre problemas, personaxes e conflictos de Galicia (1987)
  • Palabras para os amigos (1989)
  • Escritos pastorais (1990)
  • Oracional galego (1991, en colaboración con Ramiro González Cougil
  • Memoria de vida (1993)
  • Os bispos de Galicia e o Concilio Vaticano II (1996).

Premios e honras


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.