Euloxio R. Ruibal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 26: Liña 26:
*''Teatro Mínimo'' ([[1991]]).
*''Teatro Mínimo'' ([[1991]]).
*''O Son da Buguina'' ([[1999]]).
*''O Son da Buguina'' ([[1999]]).
*''Minimalia. 20 Pezas de Teatro Breve'' ([[2004]]).
*''Minimalia. 20 Pezas de Teatro Breve'' ([[2004]] [[Universidade da Coruña]]).
*''Namberguán: guión de cinema'' ([[2008]], [[Laiovento]]).
*''Namberguán: guión de cinema'' ([[2008]], [[Laiovento]]).
*''Labirinto da memoria: friso contemporáneo'' ([[2010]], [[Toxosoutos]]).
*''Labirinto da memoria: friso contemporáneo'' ([[2010]], [[Toxosoutos]]).

Revisión como estaba o 14 de outubro de 2011 ás 15:55

E. Ruibal foi o primeiro gañador do premio de teatro de Ribadavia

Euloxio Rodríguez Ruibal, nado en Ordes en 1945, é un escritor e director galego. Está considerado un dos renovadores do teatro galego.

Traxectoria

Comezou a súa actividade teatral no grupo Ditea en 1961, baixo a dirección de Agustín Magán, e fundou o grupo de teatro Obradoiro. Tamén foi animador do equipo de cine Reina Lupa (1972), co que realizou varios curtos e documentais (Cuatro por Cuatro, Mesturanza, Holocausto,...).

En 1973 gañou con Zardigot o Premio Abrente de teatro, e en 1975 voltou a conseguir o mesmo galardón con O Cabodano. De 1973 é a súa obra de teatro infantil O roubo do aparello, coa que gañou a primeira edición do Concurso de Teatro Infantil O Facho. En 1975 publicou a farsa A sonada e proveitosa enchenta do marqués Ruchestinto no derradeiro século da súa vida. En 1976 publica as obras O cabodano, Cousas da morte e A sombra do bon cabaleiro nun único volume. Mais entre 1977 e 1987, por causas descoñecidas, deixou de crear novas pezas. Voltaría a facelo en 1988, mais só teatro infantil ata 1989, data en que publica Azos de esguello (peza coa que gañou o Premio Álvaro Cunqueiro). De 1990 data a súa obra Unha macana de dote. En 2003 publicou o ensaio Xogo de máscaras. Escritos sobre teatro galego

Foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e director das galerías de arte Torque e Citánia. Foi elixido membro da Real Academia Galega en marzo de 2005. Actualmente, é profesor na Universidade de Santiago de Compostela.

Obra

Euloxio Rodríguez Ruibal é un dos dramaturgos máis frutíferos en lingua galega. Como acontece con outros autores da Nova Dramaturxia Galega (e usamos esta terminoloxía seguindo a Manuel F. Vieites e non a Manuel Lourenzo e Francisco Pillado), a súa obra está claramente marcada polo teatro épico do xermano Bertolt Brecht, utilizando igualmente o recurso do efecto de distanciamento, propio da dramática do alemán. Na obra de Ruibal, pois, como na do resto de autores do grupo Abrente, existe a expresa vontade de conectar co teatro das máis sobranceiras correntes da vangarda europea, sen descoidar a tración galega. Por isto, achamos na dramática deste autor a influencia de escritores do país, como Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Eduardo Blanco Amor. Algunhas das obras obras de creación máis importantes de Euloxio R. Ruibal son as seguintes:

Teatro

  • Zardigot (1973, publicada en 1974, Galaxia).
  • O Roubo do Aparello (1973, traducida ao catalán por Jordi Coca co título de Un Invent Extraordinari).
  • O Cabodano (1975, publicada en 1976, Pico Sacro).
  • A Sonada e Proveitosa Enchenta do Marqués Ruschetino no Derradeiro Século da súa Vida (1975).
  • As falcatrúas do Marqués Patacón (versión libre do anónimo medieval Le Fairce de Mêtre Pathélen).
  • Cousas da Morte (1977).
  • A Sombra do Bon Cabaleiro (1977).
  • Azos de Esguello (1990, Xerais).
  • Brinquemos ó Teatro (1990, Xunta de Galicia).
  • Unha Macana de Dote (1990).
  • Teatro Mínimo (1991).
  • O Son da Buguina (1999).
  • Minimalia. 20 Pezas de Teatro Breve (2004 Universidade da Coruña).
  • Namberguán: guión de cinema (2008, Laiovento).
  • Labirinto da memoria: friso contemporáneo (2010, Toxosoutos).

Narrativa

Ensaio

  • Escena aperta. Escritos sobre teatro (2009, Laiovento).

Obras colectivas

Destaca na obra de Ruibal un gran número de textos dramáticos de curta extensión.

Véxase tamén

Ligazóns externas