Võ Nguyên Giáp: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: cy:Võ Nguyên Giáp
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Elimino: af:Vo Nguyen Giap (deleted)
Liña 24: Liña 24:
[[Categoría:Militares de Vietnam|Giap]]
[[Categoría:Militares de Vietnam|Giap]]


[[af:Vo Nguyen Giap]]
[[an:Võ Nguyên Giáp]]
[[an:Võ Nguyên Giáp]]
[[bg:Во Нгуен Зиап]]
[[bg:Во Нгуен Зиап]]

Revisión como estaba o 12 de outubro de 2011 ás 23:28

Ficheiro:General Vo Nguyen Giap.jpg
Vo Nguyen Giap

Võ Nguyên Giáp, nado en 1912 en An Xa, provincia de Quang Binh, Vietnam, é un militar vietnamita

Traxectoria

Era fillo dun mandarín de segunda clase, e fixo estudos de Dereito e Historia en Hue. Foi militante comunista desde os anos 30 do século XX. En setembro do 1939, logo da prohibición do Partido Comunista, Giáp trasladouse a China, onde coñeceu a Ho Chi Minh, con quen creou o Viet Minh na conferencia de Chingsi, en maio de 1941. A finais dese ano Giáp marchou ás montañas do Vietnam para formar os primeiros grupos guerrilleiros.

Dirixente militar do Vietminh, en decembro de 1944 capturou un punto militar francés, logo de ter formado os primeiros batallóns das súas forzas armadas. Iniciada a Guerra de Indochina en decembro de 1946, logo do bombardeo de Haiphon por parte da Francia, retirouse cara China, ata que en outubro de 1950 ocupa a zona montañosa fronteiriza. A partir de entón, a guerrilla difúndese por Vietnam e Laos. Mais Giáp sempre considerou que só a formación dun auténtico exército podería derrotar os colonialistas.

A fins de 1953 Giáp aceitou o reto francés dunha batalla definitiva: Dien Bien Phu, na que, despois de varias semanas de combate, as tropas vietnamitas saíron vencedoras o día 7 de maio de 1954. O que se consideraba imposíbel, a vitoria de colonizados sobre un exército occidental en campo aberto, fóra logrado.

Logo da conferencia de Xenebra, Suíza, que recoñecía a independencia das colonias francesas en Indochina, Giáp pasou a ser ministro de defensa de Vietnam do Norte. Simultaneamente, dirixiu as operacións no Sur contra o exército dos norteamericanos e os seus aliados. Lograría converter o fracaso da ofensiva de 1968 nun éxito político, ao demostrar aos estadounidenses que enfrontaban unha guerra inacabable.

Despois do fracaso da ofensiva da Pascua de 1972 foi cesado temporalmente do mando das operacións, pero conservou a cadeira de ministro de defensa. Entre 1976 e 1991 ostentou o cargo de viceprimeiroministro.

Recoñecido como un dos maiores estrategos do século XX, consideraba que a base do poder militar residía no apoio dos campesiños e a táctica da "guerra prolongada".

Véxase tamén

Ligazóns externas