Rede de computadoras: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
PixelBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Modifico: tl:Kabalikat ng kompyuter
m r2.7.1) (Bot: Modifico: tl:Lambat-lambat ng kompyuter
Liña 99: Liña 99:
[[ta:கணினி வலையமைப்பு]]
[[ta:கணினி வலையமைப்பு]]
[[th:เครือข่ายคอมพิวเตอร์]]
[[th:เครือข่ายคอมพิวเตอร์]]
[[tl:Kabalikat ng kompyuter]]
[[tl:Lambat-lambat ng kompyuter]]
[[tr:Bilgisayar ağı]]
[[tr:Bilgisayar ağı]]
[[uk:Комп'ютерна мережа]]
[[uk:Комп'ютерна мережа]]

Revisión como estaba o 10 de outubro de 2011 ás 18:45

Denomínase rede de computadores a unha serie de host autónomos e dispositivos especiais intercomunicados entre eles. Os diferentes compoñentes que van formar unha rede pódense conectar de diferente forma. A disposición dos diferentes compoñentes dunha rede coñécese co nome de topoloxía de rede.

  • As redes poden clasificarse atendendo a diferentes criterios:
    • Segundo o seu tamaño e extensión.
    • Segundo a tecnoloxía de transmisión.
    • Segundo o tipo de transferencia de datos que soportan.

Rede segundo o tamaño e a extensión

  1. Redes LAN: (Local Area Network) A súa extensión varía entre os 10 metros e 1 quilómetro aproximadamente. Este tipo de redes son habituais en oficinas, colexios e empresas pequenas, que xeralmente usan a tecnoloxía broadcast, é dicir, aquela na que a un só cable se conectan todas as máquinas.
  1. Redes MAN:(Metropolitan Area Network). O seu tamaño é superior o das LAN xa que poden abarcar unha cidade enteira. Son habituais en empresas e organizacións que posúen distintas oficinas repartidas nunha mesma área metropolitana, por o que o seu tamaño máximo comprende un área de uns 10 kilometros.
  2. Redes WAN:(Wide Area Network). O seu tamaño e superior o da MAN e consiste nunha colección de hosts o de redes LAN conectadas por unha subrede. Esta subrede está formada por unha serie de liñas de transmisión interconectadas por medio de routers. O seu tamaño pode oscilar entre 100 e 1000 quilómetros.
  3. Redes Internet:Unha Internet é unha rede de redes,vinculadas mediante ruteadores gateways. O seu tamaño vai desde os 10000 quilómetros en adiante.O exemplo mais claro deste tipo de redes é Internet, a rede de redes mundial.
  4. Redes inalámbricas: Son redes cuxos medios físicos no son fíos de cobre de ningún tipo, o que as diferencia das redes anteriores. Baséanse na transmisión de datos mediante ondas de radio, microondas, satélites ou infravermellos.

Rede segundo a tecnoloxía de transmisión

  1. Rede de broadcast:Aquelas redes nas que a transmisión de datos realízase mediante un só canal de comunicación, compartido por todas as maquinas da rede.
  2. Rede punto a punto:Aquelas nas que existen moitas conexións entre parellas individuais de maquinas. Para que se poida transmitir os paquetes desde unha máquina a outra ás veces é necesario que estes pasen por maquinas intermedias, sendo obrigado en tales casos un trazado das rutas mediante dispositivos routers.

Rede segundo o tipo de transferencia de datos que soporta

  1. Rede de transmisión simple(Simplex):Aquelas redes nas que os datos só poden viaxar nun sentido.
  2. Rede Half-Duplex:Aquelas nas que os datos poden viaxar en ambos sentidos, pero só nun deles nun momento dado. E dicir, só pode haber transferencia dos datos nun sentido a vez.
  3. Rede Full-Duplex:Aquelas nas que os datos poden viaxar nos dous sentidos a vez.

Modelo:Link FA