Lindsay Lohan: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: az:Lindsey Lohan
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: kk:Линдсей Ди Лохан
Liña 52: Liña 52:
[[ja:リンジー・ローハン]]
[[ja:リンジー・ローハン]]
[[jv:Lindsay Lohan]]
[[jv:Lindsay Lohan]]
[[kk:Линдсей Ди Лохан]]
[[kn:ಲಿಂಡ್ಸೇ ಡೀ ಲೋಹಾನ್]]
[[kn:ಲಿಂಡ್ಸೇ ಡೀ ಲೋಹಾನ್]]
[[ko:린지 로한]]
[[ko:린지 로한]]

Revisión como estaba o 8 de outubro de 2011 ás 13:16

Lindsay Lohan en 2006 na presentación dunha colección de Calvin Klein

Lindsay Lohan, nada o 2 de xullo de 1986 en Nova York, é unha actriz, cantante pop e modelo estadounidense.

Traxectoria

Lohan comezou a súa carreira profesional como modelo infantil aos tres anos, facendo tamén anuncios comerciais na televisión, fixo o seu primeiro papel cinematográfico aos once anos no filme de Disney The Parent Trap, aínda que se fixo coñecida entre 2003 e 2005 por protagonizar Freaky Friday, Mean Girls e Herbie: Fully Loaded, e despois apareceu nos filmes independentes de Robert Altman's A Prairie Home Companion e Emilio Estevez Bobby.

En 2007 interrompeu a súa carreira por conducir ebria e por posesión de droga[1], realizou tratamentos en centros de rehabilitación e finalmente volveu actuar, aparecendo na serie de televisión Ugly Betty en 2008 e no telefilme Labor Pains. No ano 2010 actuou no filme de Robert Rodriguez Machete.

Como cantante Lohan realizou o seu primeiro álbum en 2004, Speak ao que lle seguiu A Little More Personal (Raw) en 2005, ademais de interpretar cancións que forman parte da banda sonora dalgunhas películas nas que actuou. No 2008 lanzou un sinxelo chamado Bossy que formaría parte do seu terceiro disco de estudio, Spirit In The Dark, un disco no que comezou a traballar no 2007, pero que aínda non foi publicado, a pesar de que súa data de publicación estaba prevista para o ano 2009. Algunhas cancións de este disco foron filtradas e colgadas en Youtube ("Stuck", "I Wanna Be Bad", "Too Young to Die", "Can't Stop, Won't Stop", "Stay" e "Walka Not a Talka"), aínda que se descoñece se son demos ou a versión final delas, así como tamén se descoñece aínda a data na que este CD estará no mercado.

Notas