Belvís, rede socioeducativa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 18: Liña 18:
|}
|}
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://belvis.as-pg.com/ Sitio web oficial]
* [http://www.as-pg.com/ Sitio web oficial da as-pg]

Revisión como estaba o 8 de outubro de 2011 ás 10:47

Belvís, rede socioeducativa é a denominación dunha rede social posta en marcha pola AS-PG co obxectivo de ofrecer ao profesorado galego e ás familias espazos de intercambio de opinións e traballo colaborativo en galego afondando na posibilidade de converter as redes sociais en canles de comunicación entre escola, sociedade e familia para, deste xeito, contribuír a crear unha institución aberta, actualizada e partícipe das características da sociedade e os seus problemas.

Historia

Belvís comezou a xestarse en abril de 2011, no contexto das Xornadas de Lingua e Literatura e nace coa pretensión de aproveitar os vínculos que xera o uso de redes sociais para fortalecer a interacción entre as institucións educativas e o resto de axentes sociais e así poder ofrecer unha axuda ao alumnado para coñecer as oportunidades do mundo laboral, educativo, de lecer e a desenvolver destrezas para tomar decisións de cara a organizar a propia vida profesional. Presentouse publicamente o 29 de setembro, nas XXXV Xornadas de Verán da Coruña. Está programada en Elgg e leva integrado un AVE (ambiente virtual de aprendizado) baseado en Moodle

Información xeral

URL http://belvis.as-pg.com
Tipo de sitio Servizos de rede social con fins educativos
Rexistro Requerido
Lanzamento Setembro de 2011
Estado actual Activo

Ligazóns externas