Cambio fonético: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: la:Mutatio phonologica
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Liña 52: Liña 52:
[[hr:Glasovna promjena]]
[[hr:Glasovna promjena]]
[[hu:Hangeltolódás]]
[[hu:Hangeltolódás]]
[[ka:ფონეტიკური პროცესები]]
[[la:Mutatio phonologica]]
[[la:Mutatio phonologica]]
[[nl:Klankverschuiving]]
[[nl:Klankverschuiving]]

Revisión como estaba o 6 de outubro de 2011 ás 18:59


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Chámase cambio fonético a calquera cambio no nivel fonético-fonolóxico dunha lingua, consistente en altera-la articulación dun determinado fonema. Un cambio fonético pode ser:

  • Puramente fonético se o inventario básico de fonemas da lingua queda inalterado e simplemente algúns fonemas reciben unha articulación diferente á usual antes do cambio.
  • Fonolóxico se o inventario básico de fonemas queda alterado, ben porque se perdan contrastes e polo tanto o número de fonemas se reduza ou aparezan contrastes relevantes novos, o cal aumenta o número de fonemas.

Tamén se usa o termo cambio fonético para designar ó proceso polo cal unha lingua altera o seu sistema fonolóxico co tempo. Este proceso é unha parte do que coñecemos como cambio lingüístico, o proceso universal e inevitable polo cal as linguas cambian no tempo e polo cal estadios da lingua de diferentes épocas poden chegar a perder inteligibilidad.


Espontáneos ou non sistemáticos

Se producen aleatoriamente e afectan a palabras particulares, en xeral considéranse suxeitos a accidentes históricos e modas varias. No proceso de cambio lingüístico constitúen só unha parte dos cambios fonéticos obervados.

Condicionados ou sistemáticos

Prodúcense en determinados contextos fixos e non distribuídos ó azar. Prodúcense como resultado da influencia doutros sons adxacentes.

Asimilación

Artigo principal: Asimilación.

É un proceso polo cal un fonema ou son adquire trazos fonéticos que o fan máis asemellado ou "asimilan" a un fonema ou grupo de fonemas adxacentes ou próximos. Entre as múltiples formas de asimilación achamos a sonorización, o enxordecemento, a nasalización, a labialización, a velarización, etc.

Disimilación

Artigo principal: Disimilación.

Para a disimilación das consoantes aspiradas, véxase Lei de Grassmann

Acción exercida por un son sobre outro da mesma palabra, co que posúe todos ou algúns elementos articulatorios comúns, que consiste en lle facer perder estes trazos comúns. Pode chegar incluso a facelos desaparecer: aratru > arado. Se é unha sílaba a que desaparece, o fenómeno chámase haploloxía.

Metátese

É o cambio de lugar dun ou máis sons no interior dunha palabra. Responde á necesidade de face-la pronunciación da palabra máis sinxela. Aínda que en moitos casos non están claras as razóns formais polas que resulta máis sinxela a forma con metátese que a forma sen metátese.

Se o son que se despraza mantén contacto co son que se agrupa etimoloxicamente: é unha metátese de contacto. Se dous sons cambian os seus lugares respectivos é unha metátese dobre ou recíproca

Véxase tamén