Elvis Presley: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 53: Liña 53:
A finais dos 60 tentou recobrar a popularidade anterior, que tan só conseguirá puntualmente co ''show'' televisivo coñecido como o ''Come Back Special'' e con temas como ''High heel sneakers'', ''If I can dream'' ([[1968]]), ''In the Ghetto'', ''Don´t Cry Daddy'' ou ''Suspicious Mind'' ([[1969]]).
A finais dos 60 tentou recobrar a popularidade anterior, que tan só conseguirá puntualmente co ''show'' televisivo coñecido como o ''Come Back Special'' e con temas como ''High heel sneakers'', ''If I can dream'' ([[1968]]), ''In the Ghetto'', ''Don´t Cry Daddy'' ou ''Suspicious Mind'' ([[1969]]).


Nos anos 70 serán célebres concertos históricos como o do ''Madison Square Garden'' ([[1972]]), [[Hawaii]] vía satélite ([[1973]]), visto por máis de un billón de espectadores e cuxo album será un novo número un, [[Pontiac]] ([[1975]]) ou os de [[Las Vegas]] ([[1976]]-77), estes últimos xa en plena decadencia física.
Nos anos 70 serán célebres concertos históricos como o do ''Madison Square Garden'' ([[1972]]), [[Hawaii]] vía satélite ([[1973]]), visto por máis de un billón de espectadores e cuxo album será un novo número un, Memphis (catro shows para atender a demanda de entradas en marzo de [[1974]], e do que sairía unha grabación que foi premio Grammy), [[Pontiac]] ante 63.200 espectadores en ([[1975]]) ou os de [[Las Vegas]] ([[1976]]-77), estes últimos xa en plena decadencia física.

En [[1973]] obivera un [[Globo de Ouro]] polo documental ''Elvis on Tour'', unha reportaxe moi realista sobre as súas xiras pola América profunda.


==Vida persoal==
==Vida persoal==

Revisión como estaba o 5 de outubro de 2011 ás 19:18

Modelo:Artista musical

Elvis Aaron Presley, máis coñecido polo nome de Elvis Presley, foi coñecido como o rei do rock, nado en Tupelo, Mississippi, o 8 de xaneiro de 1935 e finado en Memphis, Tennessee, o 16 de agosto de 1977, foi un cantante norteamericano.

Presley comezou como cantante de rockabilly, cun repertorio en parte tomado do rhythm and blues e do country transformado en rock & roll. Presley converteuse no cantante de máis éxito comercial do rock and roll, aínda que tamén cantou baladas, country e gospel. Pasou a ser unha icona da cultura pop americana, coa súa forma de interpretar o rock e creou escola, imitando o ritmo dos negros e dando énfase ó aspecto máis sexual do rock, movendo de xeito sensual os cadrís. Cando morreu vendera 200.000.000 de discos e conseguira 129 discos de ouro. Interpretou 31 filmes, relacionados case todos eles co mundo da canción. É o solista que máis discos ten vendidos da historia da música.


Traxectoria

Inicios

Fillo de obreiros, pouco despois de trasladarse os seus pais a Memphis comezou a traballar como camioneiro nunha empresa de material eléctrico. Desde neno xa se interesaba pola música, actuando no coro parroquial e ben cedo xa aprendera a tocar a guitarra e cantaba temas de blues e rhytm e blues.

En 1954 como regalo para a súa nai gravou, pagando catro dólares, unha canción na casa discográfica Sun Records, propiedade de Sam Phillips, quen se interesou por el e o contratou para a súa compañía. O 6 de maio de 1954 gravou o seu primeiro disco That´s All Right, que axiña se converteu nun éxito local en Memphis. Combinando estilos negros co country, cancións gravadas na Sun como Good rockin´ tonight ou Baby let´s play house inauguraron un novo xeito de interpretar e vocalizar e constitúen unha das raíces do nacente rock and roll. Ademais da radiodifusión, foi a maneira de moverse no escenario o que fixo de Elvis un escandaloso xove intérprete que chamou a atención do futuro manager o Coronel Tom Parker. Este conseguiu que a RCA pagase 35.000 dólares para facerse co cantante. Así, non sería ata 1955 cando, xa con contrato da RCA, se fixese popular no conxunto de Estados Unidos, sobre todo despois de saír na televisión o 9 de setembro de 1955.

Grandes Éxitos

En xaneiro de 1956 conseguiu o seu primeiro número un en vendas durante 27 semanas por Heartbreak Hotel. Nese ano serían tamén número un varios temas como Hound Dog (durante tamén 27 semanas) así como os seus dous albumes Elvis Presley e Elvis que incluían versións clave na historia do rock and roll como Blue Suede Shoes, One-Side Love Affair ou Rit it up. Os shows televisivos de Milton Berle, Steve Allen, os irmáns Dorsey e Ed Sullivan bateron records de audiencia coa súa presenza e os concertos comezaron a ser multitudinarios en dimensións sen precedentes.

Nese ano debutou tamén como actor en Love me tender, un film ambientado na Guerra de Secesión polo que cobrou 100.000 dólares. Nos seguintes doce anos interpretou uns 30 filmes, con períodos de tres películas por ano xa sen pretensións artísticas nin musicais e ao dictado dunha doada rendibilidade.

En 1957 reafírmase como o ídolo da xente nova e o intérprete máis popular do rock and roll cun album número un durante 29 semanas (Loving You) e catro singles nese mesmo posto, entre os que salientan Jailhouse Rock e All Shook Up.

Servizo militar e retorno

Entre 1958 e 1960 cumpriu co servizo militar en Alemaña, deixando unha película (King Creole) e varias cancións gravadas que lle permitiron continuar no cume (Hard Head Woman e Big Hunk o´Love foron números un).

Ao seu retorno aos Estados Unidos decantouse por outros estilos musicais -country, gospel, canción lixeira e mesmo napolitanas- conseguindo catro números un en singles e a mesma posición para o album G.I.Blues, banda sonora dunha película que cambiaba a imaxe de héroe marxinal por un xovial soldado americano de servizo en Alemaña. En maio de 1960 o show televisivo de Frank Sinatra foi líder de audiencia (share do 42%) co especial Welcome Home Elvis, o que supuxo a posta en escena da acollida do denostado rockeiro na sociedade ben pensante americana. Isto cerraba a operación de marketing que acompañou ao seu servizo militar.

O Coronel incidiu na teima de converter ao cantante rebelde e lascivo nun artista respetable para todos os públicos edulcorando a súa imaxe mediante infinidade de películas meramente comerciais e a abandonando paulatinamente o rock. Con todo, desta época son versións tan célebres como a de Fever ou Are you lonesome tonight.

O punto de inflexión sería o abandono dos concertos e a película ''Blue Hawai'' (1961) cun enorme éxito en taquilla de ámbito internacional que marcaría un novo rumbo na súa carreira alleo á evolución do rock e o pop. A partir dese momento ensaiaríase repetidamente a mesma fórmula, distante das modas musicais da xente máis nova e con guións buscadamente intrascendentes. Os primeiros anos, a estratexia comercial do Coronel Tom Parker tivo éxito. Algunhas bandas sonoras das películas acadaron o número un nas listas de albumes como foi o caso da propia Blue Hawai (1961) e Roustabout (1964. Tamén en 1964 Viva las Vegas, xa en pleno reinado dos Beatles, supoxo aínda o súa mellor recadación en taquilla, mesmo logrando desprazar ao film do grupo británico A Hard Day´s Night. Foi tamén significativo que a canción Blue Chritsmas acadara o número un na Chritsmas Chart

Porén a partir de 1965 a rutina de Hollywood fai que a súa popularidade decaia notablemente. Só a volta ás súas raíces de música negra lle brinda algúns éxitos como o single Crying in the Chapel ese mesmo ano ou o album How Great Thou Art en 1967 co que obtería o primeiro dos seus Premios Grammy.

Final

A finais dos 60 tentou recobrar a popularidade anterior, que tan só conseguirá puntualmente co show televisivo coñecido como o Come Back Special e con temas como High heel sneakers, If I can dream (1968), In the Ghetto, Don´t Cry Daddy ou Suspicious Mind (1969).

Nos anos 70 serán célebres concertos históricos como o do Madison Square Garden (1972), Hawaii vía satélite (1973), visto por máis de un billón de espectadores e cuxo album será un novo número un, Memphis (catro shows para atender a demanda de entradas en marzo de 1974, e do que sairía unha grabación que foi premio Grammy), Pontiac ante 63.200 espectadores en (1975) ou os de Las Vegas (1976-77), estes últimos xa en plena decadencia física.

En 1973 obivera un Globo de Ouro polo documental Elvis on Tour, unha reportaxe moi realista sobre as súas xiras pola América profunda.

Vida persoal

Casado con Priscilla Beaulieu (1967), tivo con ela unha filla (Lisa Marie) e máis tarde asinaron o divorcio (1973). Foi parella da coñecida miss, actriz e compositora Linda Thompson. Coleccionista de Cadillacs e armas, os derradeiros anos da súa vida estivo obsesionado pola depresión e a obesidade, que tentaba paliar por medio de pílulas, o que probablemente favoreceu a súa morte en estrañas circunstancias ós 42 anos.

De entre os seus numerosos éxitos musicais temos Hound Dog, Don't Be Cruel, Love me Tender, All Shook up, Teddy Bear, Jailhouse Rock, It's Now or Never, Can´t Help Falling in Love, Surrender, Crying In The Chapel, In The Ghetto, Suspicious Minds, Burning Love, Moody Blue, It's Alright Ma, Mystery Train, All Shook Up, e King Creole.

Discografia Esencial

Anos 70

Anos 60

Anos 50

Videografia Recomendada

  • This is Elvis (1981)
  • Elvis in Concert (1977)
  • Aloha from Hawaii (1973)
  • The Alternate Aloha (1973)
  • Elvis on Tour (1972)
  • That's The Way It Is (Special Edition)
  • That's The Way It Is (1970)
  • Elvis NBC TV Special (1968)
  • Roustabout (1964)
  • Viva Las Vegas (1964)
  • Kid Galahad (1962)
  • Follow That Dream (1962)
  • Wild in the Country (1961)
  • Flaming Star (1960)
  • Welcome Home Elvis (1960)
  • King Creole (1958)
  • Jailhouse Rock (1957)
  • Loving You (1957)
  • Love me Tender (1956)

Outros

  • The Great Performances 1, 2 e 3
  • The Lost Perfomances
  • He Touched Me (Documental)
  • One Night With You

Bibliografia

Brasil

  • "Elvis - Mito e Realidade" - Maurício Camargo Brito
  • "Elvis Por Ele Mesmo" - Marcelo Eduardo Lemos Costa e J. C. Bruno - Editora Martin Claret (1989)
  • "Elvis Presley" - Ana Flávia Miziara e Marcelo Eduardo Lemos Costa - Editora Roka (1996)
  • "Elvis" (Coleção Para Saber Mais) - Odair Braz - Revista "Super Interessante" (2004)
  • "Elvis - O Rei de Las Vegas" - Waldenir Cecon - Elvis Presley's World Fan Club (2005)
  • "Elvis em Turnê - Waldenir Cecon - Elvis Presley's World Fan Club (2006)

Estados Unidos

Véxase tamén

Outros artigos

Modelo:Link FA Modelo:Link FA