Diferenzas entre revisións de «Elvis Presley»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
Entre [[1958]] e [[1960]] cumpriu co [[servizo militar]] en [[Alemaña]], deixando unha película (''King Creole'') e varias cancións gravadas que lle permitiron continuar no cume (''Hard Head Woman'' e ''Big Hunk o´Love'' foron números un).
 
Ao seu retorno aos Estados Unidos decantouse por outros estilos musicais -country, gospel, canción lixeira e mesmo napolitanas- conseguindo catro números un en singles e a mesma posición para o album ''G.I.Blues'', banda sonora dunha película que cambiaba a imaxe de héroe marxinal por un xovial soldado americano de servizo en Alemaña. En maio de [[1960]] o show televisivo de [[Frank Sinatra]] foi líder de audiencia (share do 42%) co especial ''Welcome Home Elvis'', o que supuxo a posta en escena da acollida do denostado rockeiro na sociedade ben pensante americana. Isto cerraba a operación de marketing que acompañou ao seu servizo militar.
 
O Coronel incidiu na teima de converter ao cantante rebelde e lascivo nun artista respetable para todos os públicos edulcorando a súa imaxe mediante infinidade de películas meramente comerciais e a abandonando paulatinamente o rock. Con todo, desta época son versións tan célebres como a de ''Fever'' ou ''Are you lonesome tonight''. O punto de inflexión sería o abandono dos concertos e a película [[''Blue Hawai'']] ([[1961]]) cun enorme éxito en taquilla de ámbito internacional que marcaría un novo rumbo na súa carreira alleo á evolución do rock e o pop. Algunhas bandas sonoras das películas acadaron o número un nas listas de albumes como foi o caso da propia ''Blue Hawai'' e ''Roustabout''.
 
O punto de inflexión sería o abandono dos concertos e a película [[''Blue Hawai'']] ([[1961]]) cun enorme éxito en taquilla de ámbito internacional que marcaría un novo rumbo na súa carreira alleo á evolución do rock e o pop. A partir dese momento ensaiaríase repetidamente a mesma fórmula, distante das modas musicais da xente máis nova e con guións buscadamente intrascendentes. Os primeiros anos, a estratexia comercial do Coronel Tom Parker tivo éxito. Algunhas bandas sonoras das películas acadaron o número un nas listas de albumes como foi o caso da propia ''Blue Hawai'' ([[1961]]) e ''Roustabout'' ([[1964]]. Tamén en [[1964]] ''Viva las Vegas'', xa en pleno reinado dos [[Beatles]], supoxo aínda o súa mellor recadación en taquilla, mesmo logrando desprazar ao film do grupo británico '' A Hard Day´s Night''. Foi tamén significativo que a canción ''Blue Chritsmas'' acadara o número un na ''Chritsmas Chart''.´
 
Porén a partir de [[1965]] a rutina de [[Hollywood]] fai que a súa popularidade decaia notablemente. Só a volta ás súas raíces de música negra lle brinda algúns éxitos como o single ''Crying in the Chapel'' ese mesmo ano ou o album ''How Great Thou Art'' en [[1967]] co que obtería o primeiro dos seus [[Premios Grammy]].
 
===Final===
Usuario anónimo

Menú de navegación