Porto de Barcelona: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ko:바르셀로나 항구
Liña 14: Liña 14:
[[es:Puerto de Barcelona]]
[[es:Puerto de Barcelona]]
[[eu:Bartzelonako portua]]
[[eu:Bartzelonako portua]]
[[ko:바르셀로나 항구]]
[[nl:Haven van Barcelona]]
[[nl:Haven van Barcelona]]
[[no:Port de Barcelona]]
[[no:Port de Barcelona]]

Revisión como estaba o 5 de outubro de 2011 ás 14:55

Port Vell.

O porto de Barcelona é o porto marítimo, industrial, comercial e pesqueiro da cidade de Barcelona, situado entre a nova desembocadura do río Llobregat e o barrio da Barceloneta.

Características

É o maior porto do Mediterráneo en cruceiros e o quinto do mundo (tan só por detrás dos portos do Caribe), debido á grande industria turística da rexión. Grazas á forza industrial da rexión é tamén un dos maiores portos de mercancías do Mediterráneo, xa que ten a Zona de Actividades Loxísticas (ZAL), ten acceso directo ó centro de Barcelona e conexións cos principais portos do mundo.

O porto divídese en porto comercial, porto cidadán (Port Vell), porto enerxético e porto loxístico. Cada unha destas actividades dispoñen dun espazo propio e separado das outras, con instalacións e persoal especializado. Conta en total cunha superfície terrestre de 829,9 ha[Cómpre referencia], e ten máis de 20 quilómetros de peirao.