Luis Antón del Olmet: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
recat
Xas (conversa | contribucións)
Liña 22: Liña 22:
*''Como la luna, blanca''.
*''Como la luna, blanca''.
*''Corazón de Leona''.
*''Corazón de Leona''.
*''Los grandes españoles. Galdós'', 1912 (en colaboración con [[Arturo García Carrafa]].
*''Los grandes españoles. Galdós'', 1912 (en colaboración con [[Arturo García Carrafa]]).
*''Echegaray'', 1912 (en colaboración con Arturo García Carrafa).
*''Echegaray'', 1912 (en colaboración con Arturo García Carrafa).
*''Nuestro abrazo a Portugal'', 1912.
*''Nuestro abrazo a Portugal'', 1912.
Liña 50: Liña 50:
*''La casa de los espantos'', 1921.
*''La casa de los espantos'', 1921.
*''El Pleito'', 1923.
*''El Pleito'', 1923.
*''Responsables. Epopeya en tres actos y en prosa'', 1923.
*''Responsables. Epopeya en tres actos y en prosa'', 1923.


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==

Revisión como estaba o 1 de outubro de 2011 ás 18:11

Luis Antón del Olmet López, nado en Bilbao o 17 de xaneiro de 1886 e finado en Madrid o 2 de marzo de 1923, foi un avogado, xornalista e escritor español.

Traxectoria

Estudou Dereito Universidade de Madrid e conseguiu unha praza na Delegación de Facenda da Coruña en 1906. Xa se iniciara como xornalista en La Época de Madrid e cando chegou á Coruña incorporouse á redacción de El Noroeste. A principios de 1908 regresou a Madrid, onde se mantivo vinculado ao ambiente galego, tanto á revista Galicia (dirixida por Basilio Álvarez) coma ao Centro Galego. Asistiu ao faladoiro do Excelsior e foi un dos fundadores do movemento agrario de Acción Gallega. Dirixiu, xunto a Prudencio Canitrot, a "Biblioteca de Escritores Gallegos", na que publicou El encanto en sus manos (1909). En Acción Gallega realizou a descrición dos principais líderes do agrarismo solidario coruñés (Lugrís Freire, Martín Martínez, Juan Golpe, Rodrigo Sanz). En 1910 entrou na primeira redacción de El Debate xunto cos galegos Basilio Álvarez, Alfonso Alcalá Martín e Rafael Carvajal. Participou xunto aos agrarios na constitución da Liga Agrario-Redencionista e nas relacións cos homes da Lliga Regionalista e con Cambó. Nesa época comezou a súa vida turbulenta, con duelos cos redactores de El Radical. En 1911 colaborou tamén en Mi Tierra de Ourense.

En 1912 iniciou a súa carreira política, pasou a inspirar o maurismo agrario de Padrón, colaborando con artigos ideolóxicos en El Barbero Municipal, semanario conservador de Rianxo. Un ano máis tarde publica El hidalgo don Tirso de Guimaraes con portada de Castelao.

Nas eleccións de marzo de 1914, como premio ao seu labor, consegue unha acta de deputado por Almería militando ás ordes de Eduardo Dato. Para afianzar a súa lealdade á situación funda o 1 de abril El Parlamentario, do que foi director xerente, voceiro dos intereses do seu xefe político fronte a liberais e mauristas irredentos; aquí publicaron os seus amigos Castelao, Fernández Flórez, Francisco Camba e Basilio Álvarez. En 1915 apareceu en El Parlamentario, quincenalmente, Acción Gallega, dirixida polo propio Basilio.

Dende 1917 soou o seu nome como candidato agrario de Acción Gallega e da Conxunción Republicano-Agrario-Socialista por Celanova, onde tivo como rival a Luís Porteiro Garea, candidato galeguista. Finalmente Antón del Olmet optou por intentar a representación do distrito de Verín; chegou a Ourense en 1920 para facer campaña e fundou La Raza, con Basilio Álvarez como director, para finalmente resultar derrotados. O relato destas andanzas como candidato popular é o tema de Galicia llora.

Foi asasinado en 1923, mentres presentaba unha das súas obras no Teatro Eslava de Madrid. O autor do asasinato foi o seu socio e colega Alfonso Vidal Planas, a causa dun asunto de amoríos.

Obras

  • El Libro de la vida bohemia, 1909.
  • Lo que han visto mis ojos, 1909.
  • El encanto en sus manos, 1909.
  • Hieles, 1910.
  • El veneno de la víbora, 1910.
  • Mi risa, 1911.
  • Su Señoría, 1911.
  • Como la luna, blanca.
  • Corazón de Leona.
  • Los grandes españoles. Galdós, 1912 (en colaboración con Arturo García Carrafa).
  • Echegaray, 1912 (en colaboración con Arturo García Carrafa).
  • Nuestro abrazo a Portugal, 1912.
  • Moret. Una vida que fue todo elegancia, 1913 (en colaboración con Arturo García Carrafa).
  • Maura es obra mía, 1913 (en colaboración con Arturo García Carrafa).
  • Espejo de los humildes, 1913.
  • Al correr de la política 1914.
  • Política de fandango y gobierno de castañuelas, 1914.
  • Tierra de promisión. Catecismo de la Raza, 1914.
  • Alfonso XIII, 1914 (en colaboración con Arturo García Carrafa).
  • El triunfo de Alemania. Impresiones de la guerra actual, 1915.
  • Canalejas, 1915 (en colaboración con Arturo García Carrafa).
  • Aula Española. Escenas de la vida pedagógica nacional, escrita para escarmiento de malos estudiantes y beneficio de aplicados, 1915.
  • Cuestiones sociales. Aquelarre. Narraciones íntimas y novelescas, 1915.
  • El general Marina, 1915 (en colaboración con Arturo García Carrafa).
  • Robarás, Matarás, 1918.
  • Palacio Valdés, 1919 (en colaboración con José de Torres Bernal).
  • María Guerrero, 1919 (en colaboración con José de Torres Bernal).
  • Gobernación, Sánchez Minguez, 1921.
  • Cruz verde, 8, 1921.
  • El 98, 1922.
  • Romanones, 1922 (en colaboración con José de Torres Bernal).
  • El príncipe suicida, 1922.

Teatro

  • El Sembrador, 1918.
  • La casa de los espantos, 1921.
  • El Pleito, 1923.
  • Responsables. Epopeya en tres actos y en prosa, 1923.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas