Diferenzas entre revisións de «Amilosa»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
 
==Propiedades físicas==
A diferenza da [[amilopectina]], a amilosa é insoluble en auga <ref>http://www.eric.ed.gov/ERICWebPortal/custom/portlets/recordDetails/detailmini.jsp?_nfpb=true&_&ERICExtSearch_SearchValue_0=EJ128481&ERICExtSearch_SearchType_0=no&accno=EJ128481</ref> (a pesar de que nalgúns textos non actualizados se informe do contrario). Isto reduce a cristalinidade da amilopectina e a facilidade con que a auga pode infiltrar os gránulos de amidón <ref>http://www1.lsbu.ac.uk/water/hysta.html</ref>. Canto maior é o contido en amilosa, menor é o potencial de expansión e máis baixo a forza de xel para unha mesma concentración de amidón. Isto pode ser contrarrestado parcialmente incrementando o tamaño do gránulo <ref>(a) J-Y. Li and A-I. Yeh, Relationships between thermal, rheological characteristics and swelling power for various starches, J. Food Engineering 50 (2001) 141-148. (b) N. Singh, J. Singh, L. Kaur, N. Singh Sodhi and B. Singh Gill, Morphological, thermal and rheological properties of starches from different botanical sources, Food Chem. 81 (2003) 219-231.</ref>.
 
Análises de [[difracción de raios X]] das fibras combinados con programas informáticos atoparon tres polimorfos da amilosa, chamados A-, B- e C-. Cada forma corresponde coas formas do amidón A-, B- e C-. As estruturas A- e B- teñen diferentes estruturas cristalinas helicoidais e distinto contido de auga, entanto que a estrutura C- é unha mestura das celas unidade A- e B-, polo que ten una densidade de empaquetado intermedia entre as outras dúas formas <ref>Sarko, A., and H.-C. H. Wu. 1978. The Crystal Structures of A-, B- and C-Polymorphs of Amylose and Starch. Starch 30: 73-78.</ref>.
179.874

edicións

Menú de navegación