La: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: az:Yun |
m r2.7.1) (Bot: Engado: ku:Hirî |
||
Liña 47: | Liña 47: | ||
[[kn:ಉಣ್ಣೆ]] |
[[kn:ಉಣ್ಣೆ]] |
||
[[ko:양모]] |
[[ko:양모]] |
||
[[ku:Hirî]] |
|||
[[ln:Nkunza ya mpatá]] |
[[ln:Nkunza ya mpatá]] |
||
[[lt:Vilna]] |
[[lt:Vilna]] |
Revisión como estaba o 27 de setembro de 2011 ás 15:19
- Este artigo trata sobre o tecido, para o artigo sobre a nota musical véxase La, e para o do elemento químico de símbolo La véxase Lantano.
A la (do latín lana) obtense da extracción do pelo ondulado da ovella ou doutros animais. Da la obtéñese moitos produtos téxtis, como sacas, luvas ou prendas de roupa.
O seu uso é maior nas zonas máis frías, xa que este produto ten propiedades illantes. A la era amplamente usada ata o espallamento do uso do algodón, máis barato de producir (xa que vén dunha planta), e máis doado de fiar nas máquinas tecedoras a partir da revolución industrial.
Obtención
As las mais valiosas son as que proceden de ovellas de tres a seis anos. Unha ovella produce ao ano de un a tres quilos de la fina ou de dous a seis quilos de la grosa, segundo trátese dunha raza ou outra.
As partes illadas do vellón mostran grandes diferenzas en canto a finura e estado de limpeza, segundo a parte do corpo de que procedan. A clasificación do vellón ten a súa importancia, se se aspira a lograr certa uniformidade no fiado.