William Thomson: Diferenzas entre revisións
m Bot: Modifico: hu:William Thomson, Kelvin első bárója |
m r2.7.1) (Bot: Engado: eu:Lord Kelvin |
||
Liña 28: | Liña 28: | ||
[[es:William Thomson]] |
[[es:William Thomson]] |
||
[[et:William Thomson]] |
[[et:William Thomson]] |
||
[[eu:Lord Kelvin]] |
|||
[[fa:ویلیام تامسون]] |
[[fa:ویلیام تامسون]] |
||
[[fi:William Thomson]] |
[[fi:William Thomson]] |
Revisión como estaba o 27 de setembro de 2011 ás 15:05
William Thomson, 1º Barón Kelvin, coñecido tamén como Lord Kelvin, (26 de xuño de 1824 – 17 de decembro de 1907), foi un físico-matemático, enxeñeiro, e unha personalidade sobresaliente das ciencias físicas do século XIX. Realizou importantes traballos de análise matemático da electricidade e de termodinámica, facendo por unificar a aínda emerxente disciplina da física na súa caracterización moderna.
É amplamente coñecido por desenvolver a escala Kelvin de medición da temperatura absoluta. Thomson estabeleceu a noción de cero absoluto, correspondente á ausencia absoluta de calor e presión dun gas. A partir de aí desenvolveu a nova escala, que se mide en graos kelvin (a notación e K), utilizada no sistema internacional de unidades. Estabeleceu tamén a variación do punto de fusión do xeo en función da presión, descubrindo ademais o arrefriamento debido á expansión dos gases.
O título de Barón Kelvin foille concedido en honra aos seus traballos, e toma esa denominación do río Kelvin, que flúe a través da universidade de Glasgow, Escocia, na que exerceu.
Thomson tivo unha segunda carreira como enxeñeiro de telégrafos e inventor, carreira que lle dou sona entre o grande público e aseguroulle riqueza, fama e honra.