Rombozoos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Elimino: la:Rhombozoa (deleted)
ArthurBot (conversa | contribucións)
m r2.6.3) (Bot: Engado: simple:Rhombozoa
Liña 63: Liña 63:
[[pt:Rhombozoa]]
[[pt:Rhombozoa]]
[[ru:Дициемиды]]
[[ru:Дициемиды]]
[[simple:Rhombozoa]]
[[sk:Rhombozoa]]
[[sk:Rhombozoa]]
[[sv:Rhombozoer]]
[[sv:Rhombozoer]]

Revisión como estaba o 27 de setembro de 2011 ás 03:17

Rhombozoa o Dicyemida son un grupo de animais, constituido por pequenos parasitos dos riles de peixes e moluscos (polbos e calamares). Viven en mucosas e outros lugares cun ambiente practicamente anaeróbico. Existen aproximadamente 75 especies. Cada adulto ten aproximadamente 30 células.

Estrutura

O estadio máis frecuente nestes animais é o de adulto ou nematóxeno. O nematóxeno é un animal pequeno, ciliado, vermiforme e cun número constante de células superficiais ou somatodermo (entre 10 e 15 células segundo a especie) rodeado por unha célula axial alongada e central onde se forman os embrións vermiformes. Nos cefalópodos adultos, as células axiales forman una gónada hermafrodita que produce un óvulo fertilizado polo esperma producido nesa mesma gónada. Cando o hospedador chega a madurez sexual, os nemátoxenos pasan a rombóxenos, cargandose algúnhas células de inclusións e dando lugar a células verruciformes . As células xerminais dos rombóxenos dan lugar a unha larva infusoriforme. Dentro da larva está un espazo chamado furna con catro células centrais rodoeado por detrás e lateralmente por outras células grandes e planas. Diante das células centrais hai unha cavidade da furna, pechada por dúas células ciliadas que están detrás das células apicais. Unha vez que a larva infusoriforme sae do hospedador descoñécese o resto do seu ciclo vital aínda que se supón que entra noutro hospedador.

Clasificación dos rombozoos

Os rombozoos ou Dicyemidos pódense dividir nos seguintes grupos:

  • Orde Heterocyemida
    • Familia Conocyemidae.
      • Xénero Conocyema ( 2 especies)
      • Xénero Microcyema ( 1 especie: M. vespa)
  • Orde Dicyemida
    • Familia Dicyemidae
      • Xénero Dicyema ( 13 especies)
      • Xénero Dicyemennea ( 3 especies)
      • Xénero Dicyemodeca ( 3 especies)
      • Xénero Dodecadicyema ( 1 especie: D. loligoi)
      • Xénero Pleodicyema ( 1 especie: P. delamarei)
      • Xénero Pseudicyema ( 1 especie: P. truncatum)
    • Familia Katharellidae
      • Xénero Kantharella ( 1 especie: K. antarctica)

Listaxe dos rombozoos máis coñecidas (por orde alfabetica do nome científico)

  • Dodecadicyema loligoi
  • Kantharella antarctica
  • Microcyema vespa
  • Pleodicyema delamarei
  • Pseudocyema truncatum


Referenzas

  • Furuya, H. & K. Tsuneki. 2003. Biology of Dicyemid Mesozoans. Zoological Science 20: 519-532.
  • Furuya, H., F. G. Hochberg, & K. Tsuneki. 2003. Reproductive traits in dicyemids. Marine Biology 143: 693-706.
  • Hochberg, F.G. 1982. The "kidneys" of cephalopods: a unique habitat for parasites. Malacologia 23: 121-134.
  • McConnaughey, B.H. 1951. The life cycle of the dicyemid Mesozoa. University of California Publications in Zoology 55: 295-336.
  • Pawlowski, J.I. et al. 1996. Origin of the Mesozoa inferred from 18S rRNA gene sequences. Molecular Biology and Evolution 13: 1128-1132.