A revolta dos animais: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: br:Kêr al loened
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: pa:ਏਨਿਮਲ ਫ਼ਾਰਮ
Liña 121: Liña 121:
[[nl:Animal Farm]]
[[nl:Animal Farm]]
[[no:Kamerat Napoleon]]
[[no:Kamerat Napoleon]]
[[pa:ਏਨਿਮਲ ਫ਼ਾਰਮ]]
[[pl:Folwark zwierzęcy]]
[[pl:Folwark zwierzęcy]]
[[pt:Animal Farm]]
[[pt:Animal Farm]]

Revisión como estaba o 26 de setembro de 2011 ás 19:05

A revolta dos animais. Unha historia fantástica
Título orixinalAnimal Farm
Autor/aGeorge Orwell
OrixeInglaterra
Linguainglés
Tema(s)ficción, política
Xénero(s)Novela
EditorialEdicións Positivas (1992)
Data de pub.1945
ISBN978-84-87783-13-9
TraduciónAntón López Dobao
editar datos en Wikidata ]

A revolta dos animais. Unha historia fantástica (en inglés Animal Farm) é unha novela satírica de George Orwell de 1945, traducida ó galego en 1992 por Antón López Dobao, e en 2010 por Fernando Moreiras co título A granxa dos animais.

Circunstancias e temática

Fala dun grupo de animais nunha granxa que expulsan ós humanos e crean un sistema de autogoberno, pero que acaba convertíndose nunha tiranía brutal.

A novela foi escrita durante a Segunda guerra mundial e, aínda que foi publicada en 1945, non comezou a ser recoñecida ata finais dos anos 50. Constitúe unha crítica velada da Revolución Rusa e unha sátira sobre a corrupción do socialismo soviético nos tempos de Stalin.

Ademais, a obra constitúe unha análise sinxelo á vez que formidable da corrupción que enxendra o poder en calquera nivel. Así, a obra posúe un doble nivel de profundidade, o que fai posible que a mensaxe transcenda o caso particular do réxime soviético, e sexa captado incluso por nenos que nin sequera coñecen a historia da Unión Soviética. Isto conseguiu que o libro sexa utilizado como ferramenta educativa mesmo nos primeiros anos da escolaridade.

Argumento

Os animais da granxa Manor, alentados no seu día polo vello porco Major, que antes de morrer explicou a tódolos animais a súa visión, levan a cabo unha revolución na que conseguen expulsar ó señor Jones e crear as súas propias reglas, que escriben nunha parede. Ó longo da novela efectúanse certos cambios nos Sete Mandamentos, que "xustifican" as medidas que toma Napoleón. Velaquí se ben as normas orixinais e os cambios introducidos:

  1. Todo o que camiñe sobre dúas pernas é un inimigo. "Catro patas bo, dúas pernas malo."
  2. Todo o que camiñe sobre catro patas ou teña ás é amigo. "Catro patas bo, dúas pernas malo."
  3. Os animais non deben usar roupa.
  4. Ningún animal debe durmir nunha cama con sábanas.
  5. Ningún animal beberá alcol en exceso.
  6. Ningún animal matará a outro animal sen causa.
  7. Tódolos animais son iguais (pero algúns animais son máis iguais ca outros).

Ó principio a granxa é máis próspera que cando o señor Jones a administraba, pero co paso do tempo, os porcos, que se autoerexiran como líderes por ser máis intelixentes, empezan a abusar do seu poder e manipulan os mandamentos ó seu favor. Dous destes porcos, Snowball e Napoleón, móstranse como líderes, pero empezan a mostrar diferencias que acaban cando Napoleón lanza ós cans contra Snowball, que escapa da granxa. A partir dese momento Napoleón se erixe como único líder, mantendo a tódolos animais baixo a súa ditadura mediante a ameaza dos cans, e pouco a pouco os porcos acaban adoptando tódolos defectos do home polos que no seu día iniciaron a revolución, ata que o único mandamento que queda escrito é:

- Tódolos animais son iguais, pero algúns son máis iguais ca outros.

Significado

Bandeira da pezuña e o corno

Orwell satiriza o réxime soviético de Stalin representado a través dos animais da granxa. Así, moitos dos personaxes da obra teñen a súa correspondencia en personaxes históricos:

  • Mayor representaría a Lenin por ser o ideólogo da revolución, pero polo carácter tranquilo e pola idea orixinal que este personaxe posúe, podería corresponder a Karl Marx, tendo en conta ademais que a revolución se produce despois da morte de Mayor.
  • O señor Jones sería Nicolao II de Rusia.
  • Napoleón, coas súas medidas para administrar a granxa (apropiadas de Snowball) que servirán para levar a esta á prosperidade, aínda que ésta só mellorará a súa propia situación e a dos demais porcos; e a súa política de restrición de liberdades, representa a Stalin.
  • Snowball sería Trotski, líder militar que posteriormente se ve obrigado a exiliarse da granxa. Unha vez establecido o poder de Napoleón, todo animal considerado perigoso sería executado baixo a acusación de ser seguidor de Snowball.
  • Boxer, o cabalo, sempre convencido de traballar máis, e traicionado a pesar de todo, representaría ó proletariado.
  • As ovellas, analfabetas e acríticas co réxime, personifican ó campesiñado.
  • O corvo Moses representa á Igrexa Ortodoxa, fala do ceo dos animais e recibe trato de favor dos humanos, xa que cumple unha labor de aborregamento.
  • O burro Benjamin representa á clase intelectual, que é consciente das manipulacións pero non toma partido, limitándose a observar sen intervir.
  • Os cans representan á policía secreta e a súa brutalidade.
  • O porco Mínimus, o poeta, representa a Vladimir Maiakovski.
  • A bandeira da pezuña e o corno é análoga á bandeira soviética da fouce e o martelo.

Tamén mostra dun modo moi cru a relacion entre animais e seres humanos, dándolle ós ultimos unha personalidade, e poñéndoos ó mesmo nivel intelectual e racional có home, para lograr representar a brutalidade sufrida por eles.

Adaptacións

O título orixinal en inglés é Animal Farm, pero a obra foi traducida de modo non literal ás diversas linguas. Axustáronse ó orixinal a edición alemá (Farm der Tiere), francesa (La ferme des animaux), holandesa (Dierenboerderij), italiana (La fattoria degli animali) e sueca (Djurfarmen). En danés Kammerat Napoleon) e noruego (Kamerat Napoleon) centráronse no personaxe de Napoleón ("O camarada Napoleón").

En castelán é Rebelión en la granja ou granja de los animales. En finés Eläinten vallankumous ("rebelión dos animais"). En portugués traduciuse como O Triunfo dos Porcos en Portugal e como A Revolução dos Bichos no Brasil. En euskera, é Abereen Etxaldea. En catalán, La revolta dels animals e La rebel·lió dels animals.

Foi levada ó cine como Animal Farm por Joy Batchelor e John Halas. É fiel ó relato orixinal do libro, pero muda o final, xa que a película termina nunha rebelión en contra dos porcos e principalmente en contra de Napoleón executada por parte do resto dos animais comandados polo burro Benjamin.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Orwell, George: A revolta dos animais. Unha historia fantástica (Edicións Positivas, 1992)
  • Orwell, George: Animal Farm (Harmondsworth: Penguin Books, 1951/1978 39ª impresión)

Ligazóns externas