Antonio Rosmini: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 23: Liña 23:
==Significación==
==Significación==
O pensamento de Rosmini non renuncia ao ser fronte á dilución de perfís da filosofía contemporánea. Pasou de ser un pensador cuestionado pola xerarquía católica a ser reivindicado polo pensamento católico na segunda metade do século XX. O Papa [[Bieito XVI]] decidiu a súa beatificación.
O pensamento de Rosmini non renuncia ao ser fronte á dilución de perfís da filosofía contemporánea. Pasou de ser un pensador cuestionado pola xerarquía católica a ser reivindicado polo pensamento católico na segunda metade do século XX. O Papa [[Bieito XVI]] decidiu a súa beatificación.

==Obras==
* ''Nuovo saggio sull'origine delle idee'' [[1830]]
* ''Princìpi della scienza morale'' [[1831]]
* ''Filosofia della morale'' [[1837]]
* ''Antropologia in servizio della scienza morale'' [[1838]]
* ''Filosofia della politica'' [[1839]]
* ''Filosofia del diritto'' [[1841]]-[[1845]]
* ''Teodicea'' [[1845]].



[[Categoría:personalidades da filosofía]]
[[Categoría:personalidades da filosofía]]

Revisión como estaba o 21 de setembro de 2011 ás 13:22

Antonio Rosmini nado en Rovereto o 24 de marzo de 1793 e finado en Stresa o 1 de xullo de 1855, foi un filósofo italiano.

Traxectoria

Estudou Dereito e Teoloxía na Universidade de Padua. Fundou o Instituto della caritá adicada á atención aos pobres e marxinados en 1828. Xa en 1830 publicou o Novo ensaio sobre a orixe das ideas que anticipa moitas das súas ideas

Foi nomeado arcipreste de Rovereto que tivo que abandonar en 1835 por presións políticas. Afincado definitivamente en Stressa onde encontrou a morte. Algúns dos seus libros foron incluídos no índice de libros prohibidos da Igrexa Católica. León XIII corenta proposicións de Rosmini, o que este acatou con obediencia.

Pensamento

Rosmini afastouse igualmente do empirismo e da escolástica formalista

A idea do ser é coesencial e coexistencial ao pensamento. O coñecemento e unha intuición do ser ideal, sen o cal aquel non é posible nin tampouco o pensamento.

O ser ideal é obxectivo pero indeterminado dotado da categoría de posibilidade, permite que o home sexa un ser de intelixencia pois é o alicerce para a intelixibilidade dos entes. O ser ideal non é Deus pero é unha participación intelectual do Ser real na criatura.

Pero o home non é só pensamento. O seu corpo resúltalle coesencial e coexistencial. O corpo permite ao home ser sensitivo e sen o corpo o home non é.

O que permite ao home ser persoa é a moral. O home ao comportarse moralmente vai ensanchándose cara horizontes infinitos atraído por un imán de amor. O home ama a verdade porque é amado pola verdade. O ben non é seu senón que é para el. O ben se impón suplicante á vontade do home.

O Dereito non pode ir contra a moral pois está fundado na xustiza, a autoridade só se lexitima en canto serve á xustiza. Para Rosmini o que os socialistas pretenden vivírono os cristiáns hai 19 séculos. As institucións sociais han de servir para o progreso da condición material dos desfavorecidos.

Significación

O pensamento de Rosmini non renuncia ao ser fronte á dilución de perfís da filosofía contemporánea. Pasou de ser un pensador cuestionado pola xerarquía católica a ser reivindicado polo pensamento católico na segunda metade do século XX. O Papa Bieito XVI decidiu a súa beatificación.

Obras

  • Nuovo saggio sull'origine delle idee 1830
  • Princìpi della scienza morale 1831
  • Filosofia della morale 1837
  • Antropologia in servizio della scienza morale 1838
  • Filosofia della politica 1839
  • Filosofia del diritto 1841-1845
  • Teodicea 1845.