Canelones: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
virrei --> vicerrei
ToloBot (conversa | contribucións)
m Arranxo o código do modelo de coordenadas; código elaborado por KuduIO.
Liña 1: Liña 1:
{{outroshomónimos|Departamento de Canelones}}
{{outroshomónimos|Departamento de Canelones}}
{{coordenadas|34_31_27_S_56_16_54_W|34º31'27"S 56º16'54"O}}
{{Coordenadas|34|31|27|S|56|16|54|W|display=title}}

'''Canelones''' é unha cidade [[uruguai]]a, capital do [[departamento de Canelones|departamento homónimo]]. Áchase dentro da [[Zona metropolitana de Montevideo]] e contaba cuns 24.300 habitantes no 2010. Ademais de ser a capital, é unha das cidades máis importantes do departamento, na zona sur da República Oriental do Uruguai, atopándose a 40 km de [[Montevideo]] e sendo unha cidade dormitorio desta. O seu xentilicio é canario/a e o seu actual intendente é Estanislao Chiazzaro.

Revisión como estaba o 18 de setembro de 2011 ás 14:13

Coordenadas: 34°31′27″S 56°16′54″O / -34.52417, -56.28167

Canelones é unha cidade uruguaia, capital do departamento homónimo. Áchase dentro da Zona metropolitana de Montevideo e contaba cuns 24.300 habitantes no 2010. Ademais de ser a capital, é unha das cidades máis importantes do departamento, na zona sur da República Oriental do Uruguai, atopándose a 40 km de Montevideo e sendo unha cidade dormitorio desta. O seu xentilicio é canario/a e o seu actual intendente é Estanislao Chiazzaro.

Historia

O seu nome orixinal era Villa Guadalupe, creada o 24 de abril de 1783 por orde do vicerrei Juan José de Vértiz, aínda que a historia recoñece ao presbítero Juan Miguel de la Laguna como o seu fundador. Este é quen ten a iniciativa de construír a igrexa parroquial.

A Vila da Nosa Señora de Guadalupe chegou a ser capital da Provincia Oriental en 1813, por decisión de Artigas, ao ser este elixido presidente provisional dos orientais (dos uruguaios). O 27 de xaneiro de 1816 créase o departamento de Canelones, un dos primeiros seis no que se dividía a Provincia Oriental e cuxa primeira xurisdición se estendía desde o Río Santa Lucía até Montevideo.