Linguas xermánicas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Modifico: gd:Cànain Ghearmaineach
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Modifico: ro:Limbi germanice
Liña 193: Liña 193:
[[pt:Línguas germânicas]]
[[pt:Línguas germânicas]]
[[qu:Germanu rimaykuna]]
[[qu:Germanu rimaykuna]]
[[ro:Limbile germanice]]
[[ro:Limbi germanice]]
[[ru:Германские языки]]
[[ru:Германские языки]]
[[scn:Lingui girmànichi]]
[[scn:Lingui girmànichi]]

Revisión como estaba o 17 de setembro de 2011 ás 12:38

Modelo:Linguas Indoeuropeas As linguas xermánicas son un grupo de linguas de orixe indoeuropea, faladas ao principio na rexión central nórdica de Europa. Comprende linguas actuais como o inglés, alemán, baixo alemán, neerlandés, danés, frisón, noruegués, sueco, islandés, feroés e elfdaliano. Tamén algunhas extintas como o gótico.

Mapa dos diasistemas xermánicos en Europa

Nórdico occidental (Islandés, Feroés, Neonoruegués)
██ Nórdico oriental (Danés, Noruegués, Sueco)
██ Ánglico (Inglés, Escocés)
██ Frixo
██ Baixo franco (Neerlandés)
██ Baixo alemán (ou baixo saxón)
(Alto) Alemán central
██ (Alto) Alemán superior (Alamánico, Austrobávaro)
██ Liña que separa os idiomas xermánicos nórdicos dos occidentais.

O protoxermánico, a antiga lingua derivada do indoeuropeo e antepasado de todas as linguas xermánicas, dividiuse -segundo a maioría dos lingüístas- en tres ramas: o xermánico setentrional ou nórdico, o xermánico occidental (ou meridional, para algúns autores) e o xermánico oriental, do que derivaron os idiomas góticos hoxe desaparecidos. Do nórdico naceron os modernos diasistemas islandés, noruegués, danés, sueco e gotlandés, este último case morto. Do xermánico occidental, naceron os diasistemas anglofrisóns (o inglés e o frisio), o baixo franco (neerlandés), o baixo saxón (chamado ás veces baixo alemán) e o (alto) alemán. Aquí abaixo pódese ver una clasificación non exhaustiva dos diasistemas xermánicos.

Xermánico occidental

Xermánico occidental continental

Diasistema (alto) alemán

Diasistema Baixo saxón

Diasistema baixo franco

Xermánico occidental anglofrisio

Diasistema ánglico

Diasistema frisio

Xermánico setentrional

Xermánico setentrional occidental

Nórdico occidental insular

Nórdico occidental escandinavo

Xermánico setentrional oriental

Diasistema danonoruegués

Diasistema sueco

Diasistema gotlandés

Xermánico oriental

Os idiomas xermánicos orientais son os idiomas extinguidos que falaban os antigos clans xermánicos orientais, dos que só o gótico está ben documentado.


Véxase tamén

Outros artigos