Esencia de trementina: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m Bot: Substitución automática de texto (-[[File: +[[Ficheiro: & -[[Image: +[[Ficheiro:) |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[ |
[[Ficheiro:Resinas. Ferrol.jpg|thumb|242px|Resina]] |
||
A '''esencia de trementina''' ou '''augarrás''' é un líquido [[volatilidade|volátil]] e incoloro producido mediante a [[destilación]] da [[resina]] dos [[piñeiro]]s e doutras coníferas. |
A '''esencia de trementina''' ou '''augarrás''' é un líquido [[volatilidade|volátil]] e incoloro producido mediante a [[destilación]] da [[resina]] dos [[piñeiro]]s e doutras coníferas. |
||
Revisión como estaba o 16 de setembro de 2011 ás 15:15
A esencia de trementina ou augarrás é un líquido volátil e incoloro producido mediante a destilación da resina dos piñeiros e doutras coníferas.
Está formado principalmente por unha mestura de hidrocarburos terpénicos, maiormente alfa e beta pinenos, aínda que a súa composición varía dependendo da clase de piñeiro da que proveña a resina.
Augarrás mineral
Sería a auténtica esencia de trementina, que na actualidade é substituída por unha mestura realizada de xeito artificial na preparación de pinturas, vernices e afíns.
Características
A augarrás é un líquido incoloro ou con lixeiro cor amarelado e cheiro característico como a piñeiro.
- Densidade: 0,850 - 0,860 g/cm³
- Non é miscible coa auga.
- Temperatura de inflamación: > 33ºC
- Temperatura de ebulición: > 154ºC a 760 mm Hg
- CAS: 8006-64-2
- Núm. CE: 232-350-7
- Perigos para a saúde: inflamable, nocivo por inhalación, inxestión e en contacto coa pel (pode producir alerxia).
- Perigos para o medio ambiente: é tóxico para os peixes e as algas.
- ADR: UN 1299 TREMENTINA, 3, III
Está considerada como unha mercadoría perigosa
Usos
O principal uso da augarrás foi sempre como disolvente de pinturas ou como materia prima para a fabricación de pinturas e vernices. Na actualidade está sendo substituída por mesturas de hidrocarburos máis baratas, tales como o chamado 'white spirit'.
Transformado, a augarrás tamén utilízase para formular repelentes para piollos, xeles para fregas ou emplastes.
Outros usos inclúen a elaboración de fragrancias. Os usos dos pinenos que poden obterse con posteriores destilacións son tamén múltiples.
Manexo como residuo
Debido á toxicidade da augarrás non é adecuado vertela á rede de sumidoiros ou ao chan. A augarrás debe ser considerada un refugallo perigoso e a partir do punto de vista ambiental debe tomarse en conta buscar a redución do seu uso, a reutilización e a súa correcta canalización. A augarrás pode ser reempregada se logo de utilizarse para lavar unha brocha con pintura se deixa un tempo que as partículas desta se decanten e entón pode ser colado.
Ligazóns externas
- Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo de España: Ficha internacional de seguridade química do aceite de trementina ou augarrás.