Escola Oficial de Idiomas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-[[File: +[[Ficheiro: & -[[Image: +[[Ficheiro:)
Liña 1: Liña 1:
{{wikificar}}
{{wikificar}}
[[File:Escola Oficial de Idiomas, Vigo.jpg|thumb|295px|Detalle da fachada da Escola Oficial de Idiomas de [[Vigo]].]]
[[Ficheiro:Escola Oficial de Idiomas, Vigo.jpg|thumb|295px|Detalle da fachada da Escola Oficial de Idiomas de [[Vigo]].]]
En [[España]], os estudos das '''Escolas Oficiais de Idiomas''' (EE.OO.II.), están regulados pola Lei Orgánica 2/2006 de Educación e o Real Decreto 806/2006, do 30 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo. Esta normativa, substitúe á anterior (B.O.E. 10 de setembro, Ordenación das Ensinanzas correspondentes ó primeiro nivel das Ensinanzas Especializadas de Idiomas), polo Real Decreto 1523/1989, do 1 de decembro (B.O.E. 18 de decembro, Contidos Mínimos do primeiro nivel das Ensinanzas Especializadas de Idiomas Estranxeiros) e polo Real Decreto 47/1992 (Contidos Mínimos do primeiro nivel das Linguas Españolas). Neles establecíase que os estudos de cada idioma estaban divididos en dous ciclos:

*Ciclo Elemental (3 cursos, de 120 horas de duración mínima cada un).
*Ciclo Elemental (3 cursos, de 120 horas de duración mínima cada un).

Revisión como estaba o 16 de setembro de 2011 ás 15:14

Detalle da fachada da Escola Oficial de Idiomas de Vigo.

En España, os estudos das Escolas Oficiais de Idiomas (EE.OO.II.), están regulados pola Lei Orgánica 2/2006 de Educación e o Real Decreto 806/2006, do 30 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo. Esta normativa, substitúe á anterior (B.O.E. 10 de setembro, Ordenación das Ensinanzas correspondentes ó primeiro nivel das Ensinanzas Especializadas de Idiomas), polo Real Decreto 1523/1989, do 1 de decembro (B.O.E. 18 de decembro, Contidos Mínimos do primeiro nivel das Ensinanzas Especializadas de Idiomas Estranxeiros) e polo Real Decreto 47/1992 (Contidos Mínimos do primeiro nivel das Linguas Españolas). Neles establecíase que os estudos de cada idioma estaban divididos en dous ciclos:

  • Ciclo Elemental (3 cursos, de 120 horas de duración mínima cada un).
  • Ciclo Superior (2 cursos, de 120 horas de duración mínima cada un).

A Lei Orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de Calidade na Educación (B.O.E. 24 de decembro) modificou esta situación, adaptándoa ó actual esquema de tres niveis:

  • Nivel Básico
  • Nivel Intermedio
  • Nivel Avanzado

Os idiomas actualmente (2006) impartidos nas E.O.I. son os da lista que aparece a continuación, de acordo coa información que subministra o Ministerio de Educación, pero na práctica non se poden encontrar ensinanzas de todos estes idiomas en todas as E.O.I.

Poden inscribirse nas EOI as persoas que acabaran o primeiro ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria E.S.O. o equivalente (Graduado Escolar, Certificado de Escolaridade ou Certificado de Estudos Primarios), polo que as EOI ofrecen estudos non universitarios de lingua estranxeira para adolescentes e adultos. España é o único país da Unión Europea que dispón dunha institución de ensino público, que ademais outorga títulos oficiais ó acabar os estudos, con esta finalidade.

As Escolas Oficiais de Idiomas enfróntanse nestes momentos a diversos retos para mellorar e harmonizar as súas ensinanzas coas que se ofrecen noutras institucións europeas. Entre eses retos destacan:

A inexistencia dun marco normativo estable provocou numerosos problemas entre os usuarios matriculados nas Escolas Oficiais de Idiomas, xa que existen distintas normativas que non foron aprobadas e a pesar de iso están utilizándose como referencia para a matriculación dos alumnos (como no caso do Borrador de Decreto do Goberno Valenciano, utilizado como referencia para a transición entre os planos de estudos e a matriculación do alumnado).

En Galicia hai EOI nos concellos de Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Cedeira, Monforte de Lemos, Ribadeo, Viveiro, Vilagarcía e Ferrol, os cursos de lingua galega ademais de nos centros de Galicia ofrécense nos de Ponferrada e Madrid.

Véxase tamén

Ligazóns externas