Erase Errata: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m Recat.
m Bot: Substitución automática de texto (-[[File: +[[Ficheiro: & -[[Image: +[[Ficheiro:)
Liña 3: Liña 3:
| Background =
| Background =
| color =
| color =
| imaxe = [[File:Erase Errata in texas 2007.jpg|250px]]
| imaxe = [[Ficheiro:Erase Errata in texas 2007.jpg|250px]]
| lenda =
| lenda =
| orixe = [[San Francisco, California]]
| orixe = [[San Francisco, California]]

Revisión como estaba o 16 de setembro de 2011 ás 15:13

Erase Errata
OrixeSan Francisco, California,
Período1999 - actualidade
Xénero(s)post-punk revival, rock alternativo, noise rock, indie rock
Selo(s) discográfico(s)Troubleman Unlimited, Kill Rock Stars, Lungcast
MembrosJenny Hoyston
Ellie Erickson
Bianca Sparta
Antigos membrosSara Jaffe
Archie McKay
Na rede
http://www.eraseerrata.com/
Facebook: eraseerrata Bandcamp: eraseerrata Last fm: Erase+Errata Musicbrainz: f2aa3d25-8237-483b-ae41-bf15e5e348bd Songkick: 323515 Discogs: 80777 Allmusic: mn0000800193 Editar o valor em Wikidata

Erase Errata é unha banda de rock alternativo estadounidense procedente de San Francisco, California. Soen citar a Captain Beefheart, The Fall e Minutemen como inspiración. O grupo usa a improvisación como unha ferramenta de composición e cada unha das súas actuacións é unha manifestación única das súas cancións.

Historia

Erase Errata formouse en Oakland, California en 1999 e rapidamente gañou fama en todo o país despois da edición do seu 7" de estrea, Erase Errata, e grazas a xiras ao lado da banda de electro grrl Le Tigre e ao grupo de noise rock Melt Banana. Lanzaron o seu aclamado primeiro álbum Other Animals en 2001, seguido de At Crystal Palace en 2003, ambos a través do selo Troubleman Unlimited. O grupo comezou a contar entón con Sonic Youth, Mission of Burma e The Ex entre os seus seareiros.

Despois de que a guitarrista fundadora Sara Jaffe deixase Erase Errata en 2004, a vocalista Jenny Hoyston pasouse á guitarra e durante un tempo a banda víuse forzada a ter un vocalista masculino chamado Archie McKay. Finalmente o grupo converteuse nun trío, con Hoyston como guitarrista e vocalista. No ano 2006 editaron o álbum Nightlife, pasando a formar parte do plantel do selo Kill Rock Stars.

Discografía

Véxase tamén

Ligazóns externas