Igrexa de San Martiño de Rebordelo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m Formato
m Bot
Liña 1: Liña 1:
{{Coordenadas|42_27_57_N_08_29_23_W| 42° 27' 57" N 08° 29' 23" O}}
{{Coordenadas|42|27|57|N|08|29|23|W|display=title}}


[[Ficheiro:Rebordelo.jpg|200px|right|thumb]]
[[Ficheiro:Rebordelo.jpg|200px|right|thumb]]

Revisión como estaba o 13 de setembro de 2011 ás 21:31

Coordenadas: 42°27′57″N 08°29′23″O / 42.46583, -8.48972

A igrexa de San Martiño de Rebordelo é a igrexa parroquial de Rebordelo, parroquia do concello pontevedrés de Cotobade.

Arquitectura

A igrexa actual é de feitura moderna agás a ábsida da construción románica primitiva, que na actualidade se atopa pegada ao muro oriental do templo e utilízase como sancristía.

Esta ábsida románica non presenta cara ao exterior contrafortes nin conserva a cornixa. O muro testeiro ábrese unha saeteira e no muro piñón conserva unha representación escultórica dun enorme lagarto e sobre el unha cruz moderna.

Ábrese o muro setentrional cunha moderna porta alintelada.

No interior ábrese por medio dun arco trunfal lixeiramente apuntado e que se apoia sobre un par de columnas (das que só se conserva a meridional). Só conserva un capitel que presenta decoración vexetal e ábaco con bolas na nacela.

A tipoloxía decorativa fai pensar que se trata dunha obra de principios do século XIII, xunto cos restos do carneiro místico que é moi similar ao da igrexa de Santa María de Sacos.

En outubro de 2010 un raio provocou o desprendemento de varias das pedras da cúpula do campanario[1].

Notas

Véxase tamén

Outros artigos