Galactosa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: fa:گالاکتوز
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:
A '''galactosa''' é un [[monosacárido]] formado por seis átomos de [[carbono]] (é dicir, unha [[hexosa]]), que se converte en [[glicosa]] no [[fígado]] como aporte enerxético. Ademais forma parte dos [[glicolípido]]s e [[glicoproteína]]s das [[membrana celular|membranas celulares]] das células, sobre todo das [[neurona]]s.
A '''galactosa''' é un [[monosacárido]] formado por seis átomos de [[carbono]] (é dicir, unha [[hexosa]]), que se converte en [[glicosa]] no [[fígado]] como aporte enerxético. Ademais forma parte dos [[glicolípido]]s e [[glicoproteína]]s das [[membrana celular|membranas celulares]] das células, sobre todo das [[neurona]]s.


Dende o punto de vista químico é unha [[aldosa]] pois o seu grupo químico funcional é un aldehido (CHO) localizado no carbono 1. Por outra parte, ao igual que a glicosa, a galactosa é unha piranosa xa que teoricamente pode derivarse do anel de seis lados formado por 5 átomos de carbono e 1 de osíxeno, chamado ''pirano''.
Dende o punto de vista químico é unha [[aldosa]] pois o seu grupo químico funcional é un aldehido (CHO) localizado no carbono 1. Por outra parte, ao igual que a glicosa, a galactosa é unha piranosa xa que teoricamente pode derivarse do anel de seis lados formado por 5 átomos de carbono e 1 de osíxeno, chamado ''[[pirano]]''.


== Síntese da galactosa ==
== Síntese da galactosa ==

Revisión como estaba o 11 de setembro de 2011 ás 14:51

D-galactosa
D-galactosa

A galactosa é un monosacárido formado por seis átomos de carbono (é dicir, unha hexosa), que se converte en glicosa no fígado como aporte enerxético. Ademais forma parte dos glicolípidos e glicoproteínas das membranas celulares das células, sobre todo das neuronas.

Dende o punto de vista químico é unha aldosa pois o seu grupo químico funcional é un aldehido (CHO) localizado no carbono 1. Por outra parte, ao igual que a glicosa, a galactosa é unha piranosa xa que teoricamente pode derivarse do anel de seis lados formado por 5 átomos de carbono e 1 de osíxeno, chamado pirano.

Síntese da galactosa

Artigo principal: Síntese de galactosa.

A galactosa é sintetizada polas glándulas mamarias para producir lactosa, que é un disacárido formado pola unión de glicosa e galactosa. Por tanto, a maior achega de galactosa na nutrición provén da inxesta de lactosa do leite.

A síntese da galactosa foi o primeiro descubrimento relevante que realizou o médico e bioquímico arxentino, e logo Premio Nobel de Química, Luis Federico Leloir. O descubrimiento, realizado en 1947, baseouse nun problema formulado polo biólogo Rawell Caputo no tecido da glándula mamaria.