Fobos (lúa): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (bot Engadido: bs:Fobos (mjesec)
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: war:Phobos (bulan)
Liña 81: Liña 81:
[[uk:Фобос (супутник)]]
[[uk:Фобос (супутник)]]
[[vi:Phobos (vệ tinh)]]
[[vi:Phobos (vệ tinh)]]
[[war:Phobos (bulan)]]
[[zh:火卫一]]
[[zh:火卫一]]

Revisión como estaba o 10 de setembro de 2011 ás 19:37

Fobos ou Marte I é un satélite de Marte descuberto o 18 de agosto de 1877 polo norteamericano Asaph Hall desde o observatorio de Washington. Fobos é o satélite máis grande de Marte, aínda que só ten uns 27 km de diámetro e está, por tanto, entre os máis pequenos do sistema solar. Ten un período de 7 horas e 39 minutos e pasa polo ceo do planeta vermello 3 veces ao día. A súa superficie componse de rocha rica en carbono e po, e está moi marcada por cráteres, o meirande deles denominado Stickney que foi o resultado da colisión con outro obxecto que estivo a piques de esnaquizar esta lúa.

Fobos sempre presenta a mesma cara a Marte debido ás forzas de marea que o planeta exerce sobre o seu satélite. Esta mesma forza provoca que Fobos se achegue cada vez máis a Marte. Esta proximidade (6.000 km da superficie de Marte, sendo así o satelite máis cercano ao seu corpo primario) indica que Fobos está sentenciado: nuns 40 millóns de anos caerá sobre Marte provocándolle un novo cráter na súa superficie ou, pola contra, podería quedar destrozado sen ter que precipitarse sobre o planeta creando un anel de pequenos corpos en órbita.

Ao igual que Deimos, pénsase que Fobos é un asteroide que na súa órbita quedou atrapado pola forza gravitacional de Marte.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas