Erzsébet Báthory: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: hu:Báthori Erzsébet |
m r2.7.1) (Bot: Engado: ar:اليزابيث باثوري |
||
Liña 10: | Liña 10: | ||
[[Categoría:Hungría|Bathory, Erzsebet]] |
[[Categoría:Hungría|Bathory, Erzsebet]] |
||
[[ar:اليزابيث باثوري]] |
|||
[[az:Yelizaveta Batori]] |
[[az:Yelizaveta Batori]] |
||
[[be:Эржэбет Баторы]] |
[[be:Эржэбет Баторы]] |
Revisión como estaba o 9 de setembro de 2011 ás 09:12
Erzsébet Báthory (Alžbeta Bátoriová-Nádašdy en eslovaco, 1560 — 1614) foi unha condesa húngara, considerada a máis famosa asasina en serie da historia húngara e eslovaca, coñecida como a condesa sanguiñolenta. Viviu a maior parte da súa vida no costelo de Csejte. Ela e catro colaboradores foron acusados de torturar e asasinar a numerosas raparigas, entre 20 e 2000. En 1610 foi condenada a confinamento solitario ata a súa morte.
Algúns historiadores contemporáneos sosteñen que os crimes foron invencións dos seus enimigos políticos.
Biografía
Naceu en Nyírbátor, aínda que pasou a súa infancia no castelo de Ecsed, aos once anos a súa familia prometeuna con Ferenc Nádasdy e trasladouse ao castelo de Sárvár, en 1575 casou con el, quen lle outorgou o castelo de Csejte como regalo de vodas. O seu marido morreu en 1602 ou 1604.
Descoñécese cando comezou cos seus crimes, tanto o seu home como os seus familiares coñecían o que estaba facendo, pero non interviron, e progresivamente aumentou a súa brutalidade.
En 1610 debido aos rumores e inquedanzas polo gran número de desaparicións na zona, o conde György Thurzó, primo da condesa, pon fin á masacre ao entrar con seus soldados no castelo.