Lingua croata: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: zu:IsiCroati |
m Bot: Engado: rw:Kinyakorowasi |
||
Liña 300: | Liña 300: | ||
[[roa-rup:Croatian]] |
[[roa-rup:Croatian]] |
||
[[ru:Хорватский язык]] |
[[ru:Хорватский язык]] |
||
[[rw:Kinyakorowasi]] |
|||
[[sc:Limba croata]] |
[[sc:Limba croata]] |
||
[[scn:Lingua croata]] |
[[scn:Lingua croata]] |
Revisión como estaba o 6 de setembro de 2011 ás 22:27
Croata 'hrvatski' | ||
---|---|---|
Pronuncia: | ['xr̩ʋaːtskiː] | |
Falado en: | Croacia, Bosnia e Hercegovina, Serbia, Montenegro | |
Rexións: | Balcáns | |
Total de falantes: | 6.214.000 (1995) | |
Posición: | Fóra das 100 primeiras | |
Familia: | Indoeuropea Eslava Eslava meridional Croata | |
Escrita: | alfabeto latino con dous diacríticos. | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Croacia, Bosnia e Hercegovina e Burgenland (Austria) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | hr
| |
ISO 639-2: | scr (B) | hrv (T) |
ISO 639-3: | hrv
| |
SIL: | HRV
| |
Mapa | ||
Status | ||
O croata é unha lingua eslava meridional falada principalmente por croatas na Croacia, e en rexións próximas. É oficial nos países de Croacia e Bosnia-Hercegovina.
É moi próximo do serbio e os falantes dos dous idiomas se entenden e conseguen se comunicar perfectamente.
Escrita e pronuncia
O idioma croata escríbese co alfabeto latino, ao contrario do serbio que é escrito en alfabeto cirílico. Son utilizados dous sinais diacríticos: o acento agudo, sempre sobre a letra "c", que indica palatalización fraca, e a braquia (circunflexo invertido), sobre as sibilantes "s", "c" e "z", que indican palatalización forte. Para as demais letras, a palatalización indícase por medio da letra "j", nos dígrafos "nj" e "lj".
É importante resaltar que, diferentemente das linguas latinas en que en que os sinais diacríticos considéranse xeralmente meros modificadores de letras existentes, no caso do croata eles representan letras diferentes e, como tales, fan parte do alfabeto.
A a | B b | C c | Č č | Ć ć | D d | Đ đ |
Dž dž | E e | F f | G g | H h | I i | J j |
K k | L l | Lj lj | M m | N n | Nj nj | O o |
P p | R r | S s | Š š | T t | U u | V v |
Z z | Ž ž | (i+e=ie) | (r+r=ŕ) |
Preséntase a seguir unha táboa co alfabeto croata e as súas respectivas pronuncias:
Alfabeto Croata (Abeceda hrvatskog jezika) - Escrita e Pronuncia | ||||||||||
A a | B b | C c | Č č | Ć ć | D d | Đ đ | Dž dž | E e | F f | |
"a" | "b" | "ts" | "ch" (forte) | "ch" (fraco) | "d" | "dx" (fraco) | "dx" (forte) | "e" | "f" | |
G g | H h | I i | J j | K k | L l | Lj lj | M m | N n | Nj nj | |
"g" | "rr" | "i" | "i" semivogal | "c" | "l" | "ll" | "m" | "n" | "ñ" | |
O o | P p | R r | S s | Š š | T t | U u | V v | Z z | Ž ž | |
"o" | "p" | "r" tremido | "s" | "x galego" | "t" | "u" | "v" | "z" | "j" |
Gramática
Así como as demais linguas eslavas, o croata é un idioma declinativo, isto é, a función sintáctica das palabras é expresada por medio das desinencias das palabras. Son sete casos en total: Nominativo (suxeito), Xenitivo, Dativo (obxecto indirecto), Vocativo, Instrumental (instrumento), Acusativo (obxecto directo) e Locativo.
Algunhas frases
- Dobro jutro! - Bo día!
- Dobar dan! - Boa tarde!
- Dobra večer! - Boa noite!
- Ne govorim hrvatski! - Eu non falo croata!
- Koliko to košta? - Canto custa iso?
- Zbogom! - Adeus!
- Bog! - Chao!
- Do viđenja! - Ata a vista!
- Hvala lijepo! - Grazas!
- Nema na čemu! - De nada!
- Oprosti! - Desculpe!
Numerais:
- 1 - jedan
- 2 - dva
- 3 - tri
- 4 - četiri
- 5 - pet
- 6 - šest
- 7 - sedam
- 8 - osam
- 9 - devet
- 10 - deset
Véxase tamén
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua croata |
Ligazóns externas
- Learn-Croatian.com (inglés)
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |