Ernst Bloch: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ko:에른스트 블로흐
Liña 17: Liña 17:
Fronte á redución a arte realista por parte do marxismo oficial, Ernst Bloch defende o [[expresionismo]] como arte que expresa as contradicións do presente e que contén unha carga transformadora.
Fronte á redución a arte realista por parte do marxismo oficial, Ernst Bloch defende o [[expresionismo]] como arte que expresa as contradicións do presente e que contén unha carga transformadora.


As súas ideas influíron en autores como [[Theodor Adorno]], [[Herbert Marcuse]], [[Gustavo Gutiérrez]] e [[Jürgen Moltmann]]
As súas ideas influíron en autores como [[Theodor Adorno]], [[Herbert Marcuse]], [[Gustavo Gutiérrez Merino]] e [[Jürgen Moltmann]]


==Obras==
==Obras==

Revisión como estaba o 6 de setembro de 2011 ás 14:46

Ernst Bloch nado en Ludwigshafen, o 8 de xullo de 1885 e finado en Tubinga, o 4 de agosto de 1977 foi un filósofo marxísta alemán.

Traxectoria

Fillo dun matrimonio xudeu, dende moi noviño interesouse pola filosofía, refuxiándose contra a vontade dos seus pais na Biblioteca Real de Manheim.

Máis tarde doutórase en Würzburg e coñece en Berlín a Georg Simmel e a Gyorgy Lukács. En Heilderberg entra no Círculo Max Weber, onde coñece a Karl Jaspers. Comezada a Primeira Guerra Mundial, foxe para Suíza para non prestar o servizo militar. Nos anos vinte traba amizade con Theodor Adorno, Bertolt Bretcht e Walter Benjamin.

En 1938, fuxindo dos nazis, emigra a Estados Unidos, onde non consegue traballo nin publicar ren. En 1949, retorna a Alemaña oriental, a República Democrática Alemá, onde acepta a cátedra de filosofía en Leipzig, alí é agasallado, entra na Academia das Ciencias, recibe a Medalla de Mérito da Patria e as súas aulas énchense multitudinariamente.

Alí comeza a amosarse crítico co partido único (O Partido Socialista Unificado de Alemaña). Isto provoca a persecución dos seus alumnos, que son obrigados a facer confesións públicas, o despedimento da súa muller a a prohibición de realizar actividades públicas. Pide asilo político na República Federal Alemá e da clases en Tubinga, onde as aulas se enchen para escoitalo.

Implícase publicamente contra a Guerra do Vietnam, contra o terrorismo de esquerdas, polos dereitos civís, e foi unha referencia na revolución de maio do 68.

Pensamento

Ernst Bloch pescuda en distintos saberes e artes os contidos utópicos, aquel excedente humano que contribúe á transformación social de cara a unha sociedade sen clases, igualitaria e xusta. O contido do acto da esperanza é a función utópica que é unha dimensión antropolóxica esencial e abre a visión non falseada ideoloxicamente do contido da esperanza humana. A utopía é fundamental para o marxismo en canto que meta de toda a acción en todas as disciplinas. A utopía é unha crítica á ideoloxía dominante na medida en que concibe unha reconstrución da sociedade. É a condensación obxectiva do que está por vir a partir do aínda-non da realidade inconclusa.

Fronte á redución a arte realista por parte do marxismo oficial, Ernst Bloch defende o expresionismo como arte que expresa as contradicións do presente e que contén unha carga transformadora.

As súas ideas influíron en autores como Theodor Adorno, Herbert Marcuse, Gustavo Gutiérrez Merino e Jürgen Moltmann

Obras

  • Geist der Utopia.
  • Das Princip Hoffnung.
  • Erbschaft Dieser Zeit.
  • Subjekt-Objekt, Erlaüterungen zu Hegel.
  • Naturrecht und menschliche Würde.
  • Spuren.
  • Experimentum Mundi.