Segundo Leonardo Pérez López: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m -{{seniw}}
Liña 13: Liña 13:
{{DEFAULTSORT:Perez Lopez, Segundo Leonardo}}
{{DEFAULTSORT:Perez Lopez, Segundo Leonardo}}
[[Categoría:Personalidades da teoloxía]]
[[Categoría:Personalidades da teoloxía]]
[[Categoría:Personalidades da historiografía]]
[[Categoría:Personalidades da historiografía de Galicia]]
[[Categoría:Sacerdotes]]
[[Categoría:Nados en Guitiriz]]
[[Categoría:Nados en Guitiriz]]



Revisión como estaba o 6 de setembro de 2011 ás 12:41

Segundo Leonardo Pérez López, nado no Buriz, Guitiriz o 8 de decembro de 1948, é un historiador e teólogo galego.

Traxectoria

Estudou filosofía no Seminario Diocesano de Mondoñedo e na Universidade Pontificia de Salamanca onde se doutorou en 1983. Ampliou estudos en Roma e foi investigador do Arquivo Secreto do Vaticano. Foi tamén investigador do Centro Superior de Investigaciones Científicas de Madrid. Foi profesor da Universidade Pontificia de Salamanca e do Instituto Teolóxico Compostelano e do Instituto Superior Compostelano de Ciencias Relixiosas dos que foi director. É catedrático de antropoloxía teolóxica, cóengo da catedral de Mondoñedo[1] e desde 2009 capelán da Orde de Malta para Galicia e Asturias[2].

Foi membro do consello redactor das revistas Cuadernos de Estudios Gallegos, Encrucillada, Boa Nova e fundador e director da Revista de Estudos Mindonienses e director da Revista Rudesindus. Miscelánea de Arte e Cultura. Membro da Academia Galega de Historiadores e do Instituto de Estudios Viveirenses e presidente da Academia de San Rosendo [3].

Publicou estudos sobre a Historia da Igrexa galega, a relixiosidade tradicional galega, as peregrinacións xacobeas, o labor social da emigración, o monacato galego e o desenvolvemento cultural galego. Reivindicou a San Rosendo de Celanova e a Aldara de Celanova como figuras claves na configuración histórica do país galego. O seu pensamento teolóxico é próximo a Joseph Ratzinger [4]

Notas