Xosé García Oro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
cat e arranxiños
Sen resumo de edición
Liña 12: Liña 12:


{{DEFAULTSORT:Garcia Oro}}
{{DEFAULTSORT:Garcia Oro}}
[[Categoría:Personalidades da historiografía]]
[[Categoría:Personalidades da historiografía de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Lalín]]
[[Categoría:Nados en Lalín]]
[[Categoría:Sacerdotes]]

Revisión como estaba o 6 de setembro de 2011 ás 12:39

Xosé García Oro, nado en Lalín o 5 de setembro de 1931, é un relixioso e historiador especialista en historia da baixa idade media e historia moderna do Reino de Galicia.

Traxectoria

Profesor de Paleografía e Diplomática, Historia Medieval, Historia Moderna, Lingua e Literatura latinas. Doutor en Filosofía e Letras, Teoloxía e Historia Eclesiástica.

Na vida persoal é un relixioso pertencente á orde franciscana.

Obras

Entre as súas máis de 40 obras, salientan os estudos sobre a nobreza galega na Baixa Idade Media, a Galicia dos séculos XIV e XV, unha investigación sobre as actas municipais de Baiona de Miñor, Diego de Muros e a cultura galega do século XV, Os Fonseca na Galicia do Renacimento. Especializouse en figuras como Fernando de Andrade, conde de Pontedeume e Vilalba, Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar e o Cardeal Cisneros.

En historia eclesiástica ten publicada unha historia da Igrexa galega e unha historia da arquidiocese de Santiago de Compostela e un estudo sobre a reforma dos relixiosos españois en tempo dos Reis Católicos, entre outras.