Metal pesado: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 49: Liña 49:


===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
* [http://www.aesan.msc.es/AESAN/web/cadena_alimentaria/subdetalle/qui_metales_pesados.shtml Metales pesados]
* [http://www.aesan.msc.es/AESAN/web/cadena_alimentaria/subdetalle/qui_metales_pesados.shtml Metales pesados] {{es}}
* [http://www.consumer.es/seguridad-alimentaria/ciencia-y-tecnologia/2002/05/09/1885.php, 9.05.2002 Los residuos de metales en los alimentos]
* [http://www.consumer.es/seguridad-alimentaria/ciencia-y-tecnologia/2002/05/09/1885.php, 9.05.2002 Los residuos de metales en los alimentos] {{es}}
* [http://www.elika.net/datos/articulos/Archivo640/Contam%20ambientales%20BfR.pdf Ingesta de metales pesados y dioxinas en Alemania]
* [http://www.elika.net/datos/articulos/Archivo640/Contam%20ambientales%20BfR.pdf Ingesta de metales pesados y dioxinas en Alemania] {{de}}
* [http://www.efsa.europa.eu/en/scdocs/doc/56e.pdf Informe EFSA: Selenio] (29.05.2010) {{en}}
* [http://www.efsa.europa.eu/en/scdocs/doc/54e.pdf Informe EFSA: Cromo] (29.05.2010) {{en}}
* [http://www.efsa.europa.eu/en/scdocs/doc/51e.pdf Informe EFSA: Chumbo] (12.05.2010) {{en}}
* [http://www.elika.net/datos/articulos/Archivo610/Berezi%20Mercurio%20Sep%202010.pdf Mercurio en alimentos] (Elika.net, 27.09.2010) {{es}}


[[Categoría:Intoxicacións alimentarias]]
[[Categoría:Intoxicacións alimentarias]]

Revisión como estaba o 5 de setembro de 2011 ás 21:41

Desígnanse co nome xenérico de metais pesados algúns elementos metálicos presentes na natureza, de densidade relativamente alta, e que poden presentar toxicidade para os organismos vivos, entre eles para o ser humano, especialmente por ser bioacumulativos.

Ttátase, normalmente, de elementos comprendidos entre o cobre e o chumbo na táboa periódica dos elementos, cunha densidade maior de 4 ou 4,5 g/cm3, pero hainos de menor densidade mentres que outros metais, máis densos, non se inclúen neste grupo ó non seren tóxicos. Mesmo os hai que cumpren algunha función biolóxica e cualifícanse, por tal razón, como nutrientes esenciais, pero que a determinadas concentracións poden resultar tóxicos nalgunha das súas formas (como níquel, manganeso ou cobre); outros non teñen misión biolóxica coñecida (como o cadmio, mercurio, chumbo). Algún elemento incluído entre os metais pesados, coma o arsénico ou o selenio, non son realmente metais.

A presenza destes elementos no medio pode significar serios problemas medioambientais, debidos á súa ecotoxicidade, e, no caso de estaren presentes nos alimentos, problemas de saúde pública entre os consumidores.

O concepto de metal pesado non obedece a criterios químicos senón biolóxicos, en función da toxicidade que presentan. A IUPAC (Unión internacional de química pura e aplicada, International Union of Pure and Applied Chemistry) considera que este termo é "sen sentido e enganoso" [1] e reclama unha definición autorizada, baseada na táboa periódica, e a diferenciación entre os metais puros e os seus posibles compostos tóxicos.

Orixe

Os elementos comprendidos baixo o concepto de metais pesados están presentes na natureza pero os seus efectos negativos sobre o medio adoitan ser consecuencia de residuos da actividade mineira ou de vertidos industriais nas augas, no aire ou no chan, medios desde os que son absorbidos por plantas e animais ingresando así na cadea alimentaria.

Os metais pesados non son degradables, nin química nin bioloxicamente, polo que permanecen activos no medio tralo vertido durante centos de anos, contaminando o chan e acumulándose en prantas e animais, aumentando a concentración a medida que se eleva a cadea trófica.

Noutros casos, a súa presenza nos alimentos débese a unha contaminación durante o proceso de elaboración ou á migración desde os envases que conteñen eses alimentos. É o caso do estaño, que pode contamina-las conservas ou bebidas enlatadas.

En calquera caso, a toxicidade dos metais non é cousa nova: médicos gregos e romanos describiron síntomas de envenenamento agudo por chumbo.

Metais pesados máis relevantes

Sen orde de importancia, os metais pesados máis coñecidos son os seguintes:

  • Cadmio: provoca problemas gastrointestinais e respiratorios.
  • Chumbo: afecta o sistema nervioso, a medula ósea e os riles.
  • Mercurio: é, quizais, o metal pesado máis coñecido e estudado, desde a contaminación de peixe por vertidos industriais na cidade xaponesa de Minamata, nos anos 1950, responsable da denominada, por esta causa, enfermidade de Minamata.

Pero moitos outros metais entran tamén na clasificación de metais pesados:

  • Aluminio: relacionado coa enfermedad de Alzheimer.
  • Arsénico: provoca problemas nos sistemas respiratorio, circulatorio e nervioso.
  • Bario: aínda que algunhas fontes lle atribúen unha relación co aumento de casos de cancro, non parece probable de acordo cos datos actuais.
  • Cinc
  • Cobre
  • Cromo: causa irritación na pel e, a doses elevadas, cancro.
  • Estaño: moi pouco tóxico, aínda que algunhas formas orgánicas si o son, coma o tributil-estaño (TBT).
  • Ferro
  • Manganeso: causa problemas respiratorios e efectos neurotóxicos.
  • Molibdeno
  • Níquel: diminución do peso corporal, irritación da pel e problemas cardíacos e hepáticos.
  • Prata
  • Selenio: pode provocar fatiga, irritabilidade, caída do cabelo e alteracións hepáticas, renais e do sistema nervioso.
  • Talio
  • Vanadio

Controis oficiais

A normativa internacional regula os límites máximos admisibles nalgúns alimentos, límites que poden ser uniformes para a poboación en xeral ou variar segundo circunstancias particulares (en meniños ou en mulleres embarazadas).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Higueras, P. e Oyarzun, R.: Minerales y metales peligrosos [2]
  • Schinitman, N. I.: Metales Pesados, Ambiente y Salud [3]

Ligazóns externas