Mármore: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Rubinbot (conversa | contribucións)
m r2.5.4) (Bot: Engado: kk:Мәрмәр
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: be:Мармур
Liña 28: Liña 28:
[[ar:رخام]]
[[ar:رخام]]
[[az:Mərmər]]
[[az:Mərmər]]
[[be:Мармур]]
[[bg:Мрамор]]
[[bg:Мрамор]]
[[br:Marbr]]
[[br:Marbr]]

Revisión como estaba o 4 de setembro de 2011 ás 19:27


O David de Miguel Anxo é unha das esculturas de mármore máis coñecidas do mundo

O mármore é un tipo de rocha compacta formada a partir de rochas calcarias que, sometidas a elevadas temperaturas e presións, acadan un alto grao de cristalización. O compoñente básico do mármore é o carbonato cálcico, cuxo contido supera o 90%; os demais compoñentes son considerados impurezas, sendo estas as que nos dan a grande variedade de cores nos mármores, e definen a súa características físicas. Tras un proceso de pulido por abrasión o mármore acada un alto nivel de brillo natural, é dicir sen ceras nin compoñentes químicos. O mármore emprégase principalmente na construción, decoración e escultura. Ás veces é translúcido, ou de diferentes cores, entre as que son máis frecuentes atópanse o branco, o marrón, o vermello, o verde, o negro, o gris, o azul, o amarelo. Tamén pode presentar unha coloración uniforme, xaspeada (a salpicaduras), veteada (tramado de liñas) e diversas configuracións ou mesturas ente elas.

Marmorería en Lugo

Orixe

O mármore é unha rocha metamórfica resultante do metamorfismo da rocha de carbonatos sedimentaria, así como calcaria e pedra de dolomita, ou tamén pode provir dun mármore máis antigo. Este proceso de metamorfose causa unha completa recristalización da rocha orixinal nun mosaico entrelazado de calcita, aragonito e cristais de dolomita. As temperatura e presión necesarias para formar mármore destrúen usualmente os fósiles e as texturas sedimentarias presentes na rocha orixinal.

O mármore branco puro é o resultado do metamorfismo de calcarias de gran pureza. Os característicos remuíños y veas dos mármores coloreados son debidos normalmente a diferentes impurezas minerais, como arxila, limo, area, óxido de ferro, ou rochas silíceas como o xaspe, o sílex, cuarzo, ópalo) que están orixinalmente presentes como grans ou capas na pedra calcaria. A coloración verde é normalmente debida á serpentina resultando do alto contido orixinal de magnesio da calcaria ou a dolomita coas impurezas de sílice. Estas impurezas son movilizadas e recristalizadas pola calor e as elevadas presións do metamorfismo.

Ligazóns externas