Piotr Kropotkin: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: be:Пётр Аляксеевіч Крапоткін; cambios estética
EmausBot (conversa | contribucións)
Liña 50: Liña 50:
[[ar:بيوتر كروبوتكين]]
[[ar:بيوتر كروبوتكين]]
[[be:Пётр Аляксеевіч Крапоткін]]
[[be:Пётр Аляксеевіч Крапоткін]]
[[be-x-old:Пётар Крапоткін]]
[[bg:Пьотър Кропоткин]]
[[bg:Пьотър Кропоткин]]
[[br:Pyotr Kropotkin]]
[[br:Pyotr Kropotkin]]

Revisión como estaba o 3 de setembro de 2011 ás 08:02

Piotr Alexéievich Kropotkin (En ruso Пётр Алексе́евич Кропо́ткин), nado en Moscova o 9 de decembro de 1842 e finado en Dmítrov o 8 de febreiro de 1921 foi un xeógrafo e pensador político ruso, considerado un dos principais teóricos do movemento anarquista, dentro do cal defendeu a tese do comunismo libertario e definiu o concepto de axuda mutua.


Traxectoria

Kropotkin estudou en San Petersburgo e serviu no Exército ruso entre 1862 e 1867. Durante este período, dirixiu dúas expedicións sucesivas a Siberia e Manchuria, respectivamente, que proporcionaron coñecementos xeográficos de gran valor ademais de facer unha gran contribución científica sobre o desxeo.

Regresou a San Petersburgo en 1867, onde foi nomeado oficial da Sociedade Xeográfica rusa. Explorou os glaciares de Finlandia e Suecia en nome da mencionada agrupación desde 1871 ata 1873. Mentres realizaba estas investigacións, tamén se dedicou a estudar os escritos dos principais teóricos da política, e finalmente adoptou os puntos de vista do socialismo revolucionario, comezando aquí os seus primeiros achegamentos coa política no bando marxista. Máis tarde converteríase nun dos defensores da doutrina do anarquismo.

Algo curioso e que delata en gran xeito o seu talante anarco-comunista foi que en 1872 participou na I Internacional, ata aí todo parecería normal, pero é que primeiro o fixo como marxista e logo como seguidor do ideólogo anarquista Mikhail Alexándrovich Bakunin.

Cando regresou a Rusia, logo da súa etapa socialista, comezou a difundir o pensamento anarquista, motivo polo que foi arrestado e encarcerado en 1874. Conseguiu escapar dous anos despois e uniuse a unha sociedade anarquista internacional, a Federación do Xura. A continuación, instalouse en Francia, onde foi detido en 1883 e sentenciado a cinco anos de prisión polas súas actividades anarquistas. Tras ser liberado tres anos despois, trasladouse a Inglaterra, onde residiu e traballou durante trinta anos.

Durante a Primeira Guerra Mundial foi partidario do imperialismo ruso xa que pensaba que era necesario oporse á política extremadamente militarista de Alemaña, por mor diso foi criticado polos internacionalistas e por gran parte do movemento anarquista incluídos os seus propios amigos. Tras a revolución de febreiro defendeu a nova república. Logo da Revolución bolxevique de 1917, regresou ao seu país e estableceuse preto de Moscova, pero aínda que tomou parte na vida política soviética non desenvolveu cargo oficial algún. Faleceu en Dmítrov, unha localidade próxima a Moscova e desde onde escribiu a Vladímir Lenin as súas famosas cartas.

Pensamento

O tema central dos numerosos traballos de Kropotkin foi a abolición de toda forma de goberno en favor dunha sociedade que se rexese exclusivamente polo principio da axuda mutua (título dun dos seus libros) e a cooperación, sen necesidade de institucións estatais. Esa sociedade ideal (comunismo anarquista ou anarcocomunismo) sería o último paso dun proceso revolucionario que pasaría antes por unha fase de colectivismo (o anarcocolectivismo, teoría en certos aspectos próxima ao tipo de comunismo exposto aquí). Quizais o seu libro máis importante para o pensamento anarquista sexa A conquista do pan (1892).

Na súa faceta de naturalista, expuxo a importancia da cooperación como factor crave na evolución paralelo á competencia. O seu traballo máis famoso, Mutual Aid: A Factor of Evolution (Axuda Mutua: Un Factor da Evolución), escrito a partir das súas experiencias nas expedicións científicas durante a súa estancia en Siberia, critica as ideas de Thomas Henry Huxley e Herbert Spencer (pai do darwinismo social) que baseaban a selección natural na loita entre individuos.

As súas obras foron escritas tanto en inglés como en francés en principio popularizándose noutros idiomas como o castelán, actualmente existen exemplares en múltiples idiomas.

Obra

Libros:

  • Palabras dun rebelde (1885)
  • As Prisións (1887)
  • A conquista do pan (1892)
  • Campos, fábricas e talleres (1899)
  • Memorias dun revolucionario (1899)
  • Mutual Aid: A Factor of Evolution (Axuda Mutua: Un Factor da Evolución; 1902)
  • A ciencia moderna e o anarquismo
  • A literatura rusa (1905)
  • O terror en Rusia (1909)
  • A Gran Revolución (Historia da Revolución Francesa, 1789 - 1793) (1909)
  • Ética, orixe e evolución (1924)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Cartas de Kroptokin a Lenin