Espírito Santo, Brasil: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: sk:Espírito Santo
Liña 108: Liña 108:
[[sh:Espírito Santo]]
[[sh:Espírito Santo]]
[[simple:Espírito Santo]]
[[simple:Espírito Santo]]
[[sk:Espírito Santo]]
[[sr:Еспирито Санто]]
[[sr:Еспирито Санто]]
[[sv:Espírito Santo]]
[[sv:Espírito Santo]]

Revisión como estaba o 31 de agosto de 2011 ás 11:44

Espírito Santo
Ficheiro:Brasao ES.gif
Capital Vitória
Superficie 45.597 km²
Poboación 3.097.232 (2000)
Densidade populacional 67,21 hab/km²;
Fuso horario GMT-3
Gobernador Paulo Hartung
Mapa do Brasil resaltando o Estado


Espírito Santo é un estado brasileiro ao leste da Rexión Sudeste. Limita ao leste co océano Atlántico, ao norte cos estados de Bahia e Minas Xerais, ao oeste con Minas Xerais, e ao sur co estado de Rio de Janeiro. Ten unha superficie de 45.597 km². A súa capital é Vitória.

Xeografía

A súa superficie de 45.597 km² é semellante en tamaño á de Estonia. Nela se encontra unha variedade de hábitats, incluindose a planicie costeira, lagos, unha variedade de formacións de montañas, bosques de montaña, manglares e moitos outros.

Topografía

O estado pode ser dividido en dúas áreas: a planicie costeira, e as montañas interiores, que forman a serra. A parte máis alta da serra chámase Serra do Caparaó (cuxo punto máis alto -Pico da Bandeira- atinxe a 2.890 m de altitude).

Clima

O clima do Espírito Santo é seco en xeral, e quente ó norte do río Doce. O clima de montaña é máis frío chegando ao clima tropical de altitude nas rexións máis altas, como o oeste e o suroeste. O clima predominante nas planicies costeiras é o tropical, tendendo ó tropical seco no norte. En xeral o verán é chuvoso e o inverno é seco.

Ríos e lagos

O principal río do estado é o río Doce, que nace no veciño estado de Minas Xerais. Outro río de destaque é o Río Santa María, que desemboca próximo á illa onde sitúase a capital, Vitória.

O estado ten unhas 26 lagoas, próximas ás marxes do río Doce. A máis importante delas é a Lagoa Juparanã.

Economía

Os cultivos máis importantes no estado son o arroz, o café (un dos máis importantes produtos de exportación agrícolas de Brasil), o cacao, a cana de azucre, o feixón, as froitas, (principalmente a banana e a papaia), e o millo.

Das creacións de animais para fins comerciais, a máis importante é de gando, que é criado tanto para produción de carne como de leite. Destácase tamén a industria de aves, que envía para todo Brasil e tamén exporta. As industrias de enlatados, produtos florestais, textiles, o aceiro e o minerio de ferro son tamén grandes destaques. O estado abriga a maior usina de beneficio de minas de ferro do mundo (Vale do Rio Doce), e unha das maiores industrias de produción de papel e celulosa do mundo, a Aracruz.

Os portos de Vitória e Tubarão son importantes para a exportación do mineral de ferro e do aceiro, e ademais na costa da rexión de São Mateus, atopouse recentemente petróleo, o que impulsou a economía estatal, xa estando en vigor acordos comerciais para a súa explotación.

O turismo vén crecendo en importancia na economía de estado pero a maioría dos viaxeiros son de estados veciños, e non doutros países, así que os gaños co turismo aínda son pequenos, en comparación a outros estados. Destinos turisticos coñecidos inclúen a zona costeira con cidades como Guarapari, Jacaraípe e Manguinhos. Pero cada vez máis os destinos de montaña gañan popularidade, como Domingos Martins e Castelo.