Henri Becquerel: Diferenzas entre revisións
m r2.6.4) (Bot: Modifico: zh:亨利·贝可勒尔 |
m r2.7.1) (Bot: Engado: km:អង់រី បិកកឺរ៉ែល |
||
Liña 54: | Liña 54: | ||
[[ja:アンリ・ベクレル]] |
[[ja:アンリ・ベクレル]] |
||
[[jv:Henri Becquerel]] |
[[jv:Henri Becquerel]] |
||
[[km:អង់រី បិកកឺរ៉ែល]] |
|||
[[kn:ಹೆನ್ರಿ ಬೆಕರಲ್]] |
[[kn:ಹೆನ್ರಿ ಬೆಕರಲ್]] |
||
[[ko:앙리 베크렐]] |
[[ko:앙리 베크렐]] |
Revisión como estaba o 29 de agosto de 2011 ás 03:14
Antoine Henri Becquerel, nado o 15 de decembro de 1852 e finada o 25 de agosto de 1908, foi un físico francés. En 1896, un ano despois do descubrimiento dos raios X por Röntgen, Becquerel descubriu accidentalmente a radiactividade mentres investigaba a fosforescencia cun cristal dun composto de uranio.
Biografía
O seu pai, Alexandre Edmond Becquerel, e o seu avó, Antoine Becquerel, eran eles mesmos físicos, profesores no Museo nacional de historia natural de París. Nace nestes edificios onde a familia vive e traballa, e onde tamén o seu pai naceu.
Efectúa os seus estudos no instituto Louis-le-Grand (Lycée Louis-le-Grand), onde ten, entre outros profesores, o matemático Gaston Darboux. En 1872, entra na Escola Politécnica de Francia, despois en 1874 colle a vía da enxeñaría civil de camiños, canles e portos.
En 1874, casa con Lucie Jamin, filla de Jules Jamin un dos seus profesores de física na Escola Politécnica, coa cal ten Jean Becquerel en 1878.
Obtén o seu diploma de enxeñeiro en 1877, pero prefire a investigación científica en tanto que físico á administración.
Morre prematuramente á idade de 55 anos sen parar de traballar sobre a radioactividade cos Curia. O seu fillo Jean Becquerel sucédelle na cátedra do Museo.
Traxectoria
O experimento consistía en envolver unha placa fotográfica xunto cunha cruz feita de cobre cun papel negro, a mostra da sal de uranio púñase sobre a placa (Becquerel probou con varias sales, incluída a pechblenda que producía un efecto máis potente) e todo iso expoñíase á luz solar. Ao revelar a placa parecía que os raios emitidos pola sal atravesaban o papel. Víase un área exposta na que se distinguía o perfil branco da cruz. Días máis tarde do primeiro experimento, o tempo non era favorable. Como a luz solar era escasa Becquerel gardou a placa nun caixón. Cando revelou a placa, observou unha imaxe intensa que non podía proceder da fosforescencia. Repetiu o experimento na escuridade total e obtivo os mesmos resultados, probando que a sal de uranio emitía raios que afectaban á emulsión fotográfica, sen necesidade de ser exposta á luz. Marie Curie tempo despois chamou a iso radiactividade. En 1903 Becquerel recibiu o premio nobel de física xunto con Pierre Curie e Marie Curie por tal descuberta.