Uridín trifosfato: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6: Liña 6:
O UTP tamén pode ser utilizado pola [[célula]] como fonte de enerxía en reaccións especializadas do metabolismo de [[carbohidrato]]s. Así, o UTP pode unirse a outras moléculas, activándoas para unha determinada ruta metabólica, formando moléculas de UDP-sustrato coa conseguinte liberación dun [[fosfato]] inorgánico. Así, fórmanse moléculas como UDP-glicosa, UDP-galactosa ou UDP-glicuronato<ref name="Lehninger">Lehninger A. Principios de Bioquímica (1988). Omega. ISBN 84-282-0738-0</ref>.

O UTP fórmase a partir do UDP, adquirindo o seu último fosfato do ATP nunha reacción, catalizada por unha difosfoquinase, como esta: ATP + UDP <big>↔</big> ADP + UTP.
O UTP fórmase a partir do UMP, adquirindo o seu último fosfato do ATP nunha reacción, catalizada por unha [[quinase]], como esta: 2 ATP + UMP <big>↔</big> 2 ADP + UTP.

Tamén se pode producir esta reacción co GTP: GTP + UDP <big>↔</big> GDP + UTP.

==Notas==
==Notas==

Revisión como estaba o 28 de agosto de 2011 ás 18:51

Uridín trifosfato.

O uridín trifosfato, tamén chamado trifosfato de uridina ou, abreviadamente, UTP, é un nucleótido de pirimidina formado polo nucleósido uridina esterificado en posición 5' cun grupo de tres fosfatos. Os seus compoñentes son: o azucre ribosa, unido á base nitroxenada uracilo por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' da ribosa e o nitróxeno en posición 1 da base, e esterificado en posición 5' cun grupo de 3 fosfatos, os cales se unen entre si por enlace anhidro.

Esta molécula encóntrase en todos os seres vivos e a súa principal función é proporcionar UMP para a transcrición de ARN, é dicir, perde dous fosfatos en forma de pirofosfato durante a síntese, e enlázase á cadea de ARN en formación como UMP[1].

O UTP tamén pode ser utilizado pola célula como fonte de enerxía en reaccións especializadas do metabolismo de carbohidratos. Así, o UTP pode unirse a outras moléculas, activándoas para unha determinada ruta metabólica, formando moléculas de UDP-sustrato coa conseguinte liberación dun fosfato inorgánico. Así, fórmanse moléculas como UDP-glicosa, UDP-galactosa ou UDP-glicuronato[1].

O UTP fórmase a partir do UMP, adquirindo o seu último fosfato do ATP nunha reacción, catalizada por unha quinase, como esta: 2 ATP + UMP 2 ADP + UTP.

Tamén se pode producir esta reacción co GTP: GTP + UDP GDP + UTP.

Notas

  1. 1,0 1,1 Lehninger A. Principios de Bioquímica (1988). Omega. ISBN 84-282-0738-0

Véxase tamén