Vilaboa, Vilaboa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m recat.
m Bot: Substitución automática de texto (-Lugares e Parroquias +Lugares e parroquias)
Liña 29: Liña 29:
O '''[[peto de ánimas]] do Toural''' está sobre unha tosca base en forma de pedestal. Nel aparecen tres penitentes rodeados das lapas do purgatorio, baixo a figura dun monxe que intercede por eles (posiblemente [[Francisco de Asís]]).
O '''[[peto de ánimas]] do Toural''' está sobre unha tosca base en forma de pedestal. Nel aparecen tres penitentes rodeados das lapas do purgatorio, baixo a figura dun monxe que intercede por eles (posiblemente [[Francisco de Asís]]).


==Lugares e Parroquias==
==Lugares e parroquias==
===Lugares de Vilaboa===
===Lugares de Vilaboa===
{{Lp Vilaboa, Vilaboa}}
{{Lp Vilaboa, Vilaboa}}

Revisión como estaba o 28 de agosto de 2011 ás 03:17

San Martiño de Vilaboa
igrexa parroquial
ConcelloVilaboa
Coordenadas42°21′37″N 8°38′14″O / 42.360192, -8.637324Coordenadas: 42°21′37″N 8°38′14″O / 42.360192, -8.637324
Área13,44 km²
Poboación(Ano 2008) 1.827 hab.
DensidadeErro de expresión: Descoñécese a palabra "ano". hab./km²
Entidades de poboación17
editar datos en Wikidata ]

[[Categoría:Vilaboa poboación {{{ano}}}]]

San Martiño de Vilaboa é unha parroquia que se localiza no concello de Vilaboa. Segundo o INE no 2008 tiña 1.827 habitantes (924 homes e 903 mulleres), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.775 habitantes.

Patrimonio

A igrexa parroquial foi construída orixinalmente no século XII. Desta etapa consérvase o prebisterio e un dintel románico no lateral sur. No século XVIII reconstruíuse a fachada, e no século XIX reformouse a nave, de planta rectangular e neoclásica, cunha capela adosada á sancristía.

A fachada é barroca, enmarcada por pináculos cunha torre-campanario central de tres corpos rematada en cúpula e pináculo.

Sobre a parte posterior do tellado hai un pedestal cun agnus dei, un carneiro en posición ergueita, cunha cruz antefixa sobre o seu lombo.

A casa rectoral é un pazo de pedra do século XVII. Ten forma de "T" e fiestras con trabatel. Conta cunha gran portada que dá acceso a un patio cunha fonte cuberta por unha bóveda de canón, á que se accede por unha escalinata.

Na entrada do patio hai un torreón. O patio está emparrado, e conta cun canastro do século XVIII de 36 pés.

En Acuña hai dous cruceiros. Un deles é de 1670, e está construído sobre unha rocha grande. Nunha das súas caras está inscrito o ano de construción e o nome dunha persoa. O fuste é octogonal, e está moi desgastado. O capitel está decorado con debuxos, nun lado cos símbolos da paixón. A cruz é simple, sen ningunha imaxe.

O outro cruceiro, situado detrás dun pequeno altar de granito, data do século XVIII. Representa dúas escenas en dous niveis diferenciados. Ten forma rectangular redondeada nos seus ángulos superiores, o que lle dá ao conxunto unha estrutura piramidal. No nivel inferior hai uns seres que van sitiando o corpo dos condenados sobre unha grella martirial. No nivel superior as ánimas que escapan das lapas do purgatorio son axudadas por dous anxos, situados nos arcos laterais. Por riba do conxunto, sobre un pequeno fuste e un moldurado capitel, está o cruceiro en si, no que aparece a Virxe da Soedade coas mans diante do peito en símbolo de oración pola salvación dos defuntos.

O peto de ánimas do Toural está sobre unha tosca base en forma de pedestal. Nel aparecen tres penitentes rodeados das lapas do purgatorio, baixo a figura dun monxe que intercede por eles (posiblemente Francisco de Asís).

Lugares e parroquias

Lugares de Vilaboa

Lugares da parroquia de Vilaboa no concello pontevedrés de Vilaboa

Acuña | A Carballeira | Casal de Santa | Casanova | O Castenlo | Cavada Chan | Cimadevila | Coruxeiro | A Graña | Novás | Outeiro do Gato | O Outeiro | Paredes | Postemirón | A Regueira | O Río | O Toural

Parroquias de Vilaboa

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilaboa

Cobres (Santo Adrán) | Figueirido (Santo André) | Santa Comba de Bértola (Santa Comba) | Santa Cristina de Cobres (Santa Cristina) | Vilaboa (San Martiño)

Véxase tamén

Outros artigos