Rebordáns, Tui: Diferenzas entre revisións
→Patrimonio: + datiño obtido do artigo Tui |
m Bot: Substitución automática de texto (-Lugares e Parroquias +Lugares e parroquias) |
||
Liña 31: | Liña 31: | ||
</gallery> |
</gallery> |
||
==Lugares e |
==Lugares e parroquias== |
||
===Lugares de Rebordáns=== |
===Lugares de Rebordáns=== |
||
{{Lp Rebordáns}} |
{{Lp Rebordáns}} |
Revisión como estaba o 28 de agosto de 2011 ás 01:32
Rebordáns | |
---|---|
Igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns. | |
Concello | Tui |
Coordenadas | 42°04′00″N 8°40′15″O / 42.0666165, -8.6708309Coordenadas: 42°04′00″N 8°40′15″O / 42.0666165, -8.6708309 |
Área | - km² |
Poboación | (Ano 2004) 1.152 hab. |
Densidade | Erro de expresión: Descoñécese a palabra "ano". hab./km² |
Entidades de poboación | 15 |
[ editar datos en Wikidata ] |
[[Categoría:Tui poboación {{{ano}}}]]
San Bartolomeu de Rebordáns é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.152 habitantes (608 mulleres e 544 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.113 habitantes.
Patrimonio
A igrexa parroquial foi construída sobre unha antiga necrópole romano-sueva, situada a carón da via XIX do itinerario de Antonino. O templo actual é do século XII, pero conserva vestixios anteriores. En 1071 foi elixida como sé episcopal do bispado de Tui polo rei García, logo de ser saqueada Tui nos ataques normandos. Estivo vencellada a un mosteiro beneditino até o 30 de novembro de 1225.
Ten pranta basilical de tres naves con tres ábsidas, de forma rectangular os laterais e semicircular o central, cubertos con bóvedas de canón, e rematada en cascarón a bóveda da ábsida central. O teito das naves é de madeira.
A fachada orixinal foi substituída na Idade Moderna pola neoclásica actual. Ten capiteis historiados e pinturas murais do século XVII, descubertas na ábsida. No altar maior consérvase unha escultura de pedra policromada de San Bartolomeu de estilo románico, atopada baixo o pavimento da capela maior.
O bispo Diego Xelmírez levou do templo as reliquias de San Froitoso á catedral de Santiago, xunto coas doutros santos veneradas na diocese de Braga[1].
Xunto á igrexa hai un cruceiro de 1770.
Véxase tamén
- Artigo principal: Galería de imaxes de Rebordáns, Tui.
-
San Bartolomeu de Rebordáns.
-
Cruceiro de San Bartolomeu de Rebordáns.
Lugares e parroquias
Lugares de Rebordáns
Lugares da parroquia de Rebordáns no concello de Tui (Pontevedra) | |
---|---|
O Arroio | Curuxeiras | A Devesa | O Foxo | Funchal | Laranxeiras | A Lavandeira | A Manteigada | O Montiño | O Outeiro | Paredes | Pexegueira | O Telleiro | Vilanova | O Virxe do Camiño |
Parroquias de Tui
Notas
- ↑ "La iglesia de San Bartolomé, joya del románico", artigo de Antonio Bouzón no Faro de Vigo, 25 de outubro de 2003. (en castelán).