Uridín trifosfato: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{entradución}}
[[Ficheiro:Uridintriphosphat2.svg|300px|thumb|right|Uridín trifosfato.]]
[[Ficheiro:Uridintriphosphat2.svg|300px|thumb|right|Uridín trifosfato.]]
O '''uridín trifosfato''', tamén chamado '''trifosfato de uridina''' ou, abreviadamente, '''UTP''', é un [[nucleótido]] de [[pirimidina]] formado polo [[nucleósido]] [[uridina]] esterificado en posición 5' cun grupo de tres fosfatos. Os seus compoñentes son: o azucre [[ribosa]], unido á [[base nitroxenada]] [[uracilo]] por [[enlace glicosídico|enlace N-glicosídico]] entre o carbono 1' da ribosa e o nitróxeno en posición 1 da base, e esterificado en posición 5' cun grupo de 3 fosfatos, os cales se unen entre si por [[enlace anhidro]].

Revisión como estaba o 23 de agosto de 2011 ás 14:43

Uridín trifosfato.

O uridín trifosfato, tamén chamado trifosfato de uridina ou, abreviadamente, UTP, é un nucleótido de pirimidina formado polo nucleósido uridina esterificado en posición 5' cun grupo de tres fosfatos. Os seus compoñentes son: o azucre ribosa, unido á base nitroxenada uracilo por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' da ribosa e o nitróxeno en posición 1 da base, e esterificado en posición 5' cun grupo de 3 fosfatos, os cales se unen entre si por enlace anhidro.

Esta molécula encóntrase en todos os seres vivos e a súa principal función é proporcionar UMP para a transcrición de ARN, é dicir, perde dous fosfatos en forma de pirofosfato durante a síntese, e enlázase ao ARN como UMP[1].

O UTP tamén pode ser utilizado pola célula como fonte de enerxía en reaccións especializadas do metabolismo de carbohidratos. Así, o UTP pode unirse a outras moléculas, activándoas para unha determinada ruta metabólica, formando moléculas de UDP-sustrato coa conseguinte liberación dun fosfato inorgánico. Así fórmanse moléculas como UDP-glicosa, UDP-galactosa ou UDP-glicuronato[1].

O UTP fórmase a partir do UDP, adquirindo o seu último fosfato do ATP nunha reacción, catalizada por unha difosfoquinase, como esta: ATP + UDP ADP + UTP.

Notas

  1. 1,0 1,1 Lehninger A. Principios de Bioquímica (1988). Omega. ISBN 84-282-0738-0

Véxase tamén