Uridín trifosfato: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 7: | Liña 7: | ||
O UTP tamén pode ser utilizado pola [[célula]] como fonte de enerxía en reaccións especializadas. Así, o UTP pode unirse a outras moléculas, activándoas para unha determinada ruta metabólica, formando moléculas de UDP-sustrato coa conseguinte liberación dun [[fosfato]] inorgánico. Así fórmanse moléculas como UDP-glicosa, UDP-galactosa ou UDP-glicuronato<ref name="Lehninger">Lehninger A. Principios de Bioquímica (1988). Omega. ISBN 84-282-0738-0</ref>. |

O UTP fórmase a partir do UDP, adquirindo o seu último fosfato do ATP nunha reacción, catalizada por unha difosfoquinase, como esta: ATP + UDP <big>↔</big> ADP + UTP. |
|||
==Notas== |
==Notas== |
Revisión como estaba o 23 de agosto de 2011 ás 14:40
Este artigo está a ser traducido ao galego por un usuario desta Wikipedia; por favor, non o edite. O usuario Miguelferig (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 12 anos. Se o usuario non publica a tradución nun prazo de trinta días, procederase ó seu borrado rápido. |
O uridín trifosfato, tamén chamado trifosfato de uridina ou, abreviadamente, UTP, é un nucleótido de pirimidina formado polo nucleósido uridina esterificado en posición 5' cun grupo de tres fosfatos. Os seus compoñentes son: o azucre ribosa, unido á base nitroxenada uracilo por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' da ribosa e o nitróxeno en posición 1 da base, e esterificado en posición 5' cun grupo de 3 fosfatos, os cales se unen entre si por enlace anhidro.
Esta molécula encóntrase en todos os seres vivos e a súa principal función é proporcionar UMP para a transcrición de ARN, é dicir, perde dous fosfatos en forma de pirofosfato durante a síntese, e enlázase ao ARN como UMP[1].
O UTP tamén pode ser utilizado pola célula como fonte de enerxía en reaccións especializadas. Así, o UTP pode unirse a outras moléculas, activándoas para unha determinada ruta metabólica, formando moléculas de UDP-sustrato coa conseguinte liberación dun fosfato inorgánico. Así fórmanse moléculas como UDP-glicosa, UDP-galactosa ou UDP-glicuronato[1].
O UTP fórmase a partir do UDP, adquirindo o seu último fosfato do ATP nunha reacción, catalizada por unha difosfoquinase, como esta: ATP + UDP ↔ ADP + UTP.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Lehninger A. Principios de Bioquímica (1988). Omega. ISBN 84-282-0738-0