Uridín trifosfato: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5: Liña 5:
Esta molécula encóntrase en todos os seres vivos e a súa principal función é proporcionar UMP para a [[transcrición (ARN)|transcrición]] de [[ARN]], é dicir, perde dous fosfatos durante a síntese e enlázase ao ARN como UMP.
Esta molécula encóntrase en todos os seres vivos e a súa principal función é proporcionar UMP para a [[transcrición (ARN)|transcrición]] de [[ARN]], é dicir, perde dous fosfatos durante a síntese e enlázase ao ARN como UMP.


O UTP tamén pode ser utilizado pola [[célula]] como fonte de enerxía en reaccións especializadas. Así, o UTP pode unirse a outras moléculas, activándoas para unha determinada ruta metabólica, formando moléculas de UDP-sustrato coa conseguinte liberación dun [[fosfato]] inorgánico. Así fórmanse moléculas como UDP-glicosa ou UDP-glicuronato.
O UTP tamén pode ser utilizado pola [[célula]] como fonte de enerxía en reaccións especializadas. Así, o UTP pode unirse a outras moléculas, activándoas para unha determinada ruta metabólica, formando moléculas de UDP-sustrato coa conseguinte liberación dun [[fosfato]] inorgánico. Así fórmanse moléculas como UDP-glicosa, UDP-galactosa ou UDP-glicuronato<ref name="Lehninger">Lehninger A. Principios de Bioquímica (1988). Omega. ISBN 84-282-0738-0</ref>.





Revisión como estaba o 23 de agosto de 2011 ás 14:24

Uridín trifosfato.

O uridín trifosfato, tamén chamado trifosfato de uridina ou, abreviadamente, UTP, é un nucleótido de pirimidina formado polo nucleósido uridina esterificado en posición 5' cun grupo de tres fosfatos. Os seus compoñentes son: o azucre ribosa, unido á base nitroxenada uracilo por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' da ribosa e o nitróxeno en posición 1 da base, e esterificado en posición 5' cun grupo de 3 fosfatos, os cales se unen entre si por enlace anhidro.

Esta molécula encóntrase en todos os seres vivos e a súa principal función é proporcionar UMP para a transcrición de ARN, é dicir, perde dous fosfatos durante a síntese e enlázase ao ARN como UMP.

O UTP tamén pode ser utilizado pola célula como fonte de enerxía en reaccións especializadas. Así, o UTP pode unirse a outras moléculas, activándoas para unha determinada ruta metabólica, formando moléculas de UDP-sustrato coa conseguinte liberación dun fosfato inorgánico. Así fórmanse moléculas como UDP-glicosa, UDP-galactosa ou UDP-glicuronato[1].


Notas

  1. Lehninger A. Principios de Bioquímica (1988). Omega. ISBN 84-282-0738-0

Véxase tamén