Viterico: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Oilisab (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: sh:Viterik
Liña 50: Liña 50:
[[pt:Viterico]]
[[pt:Viterico]]
[[ru:Виттерих]]
[[ru:Виттерих]]
[[sh:Viterik]]
[[sr:Витерих]]
[[sr:Витерих]]

Revisión como estaba o 20 de agosto de 2011 ás 08:16

Mapa político do Suroeste europeo arredor do ano 600 d.C onde se reflicten tres diferentes territorios baixo goberno visigodo; Galicia (Gallaecia), España (Hispania), e Septimania.

Viterico, habendo obtido o mando das tropas de Liuva II, a quen habia persuadido para que declarase a guerra aos bizantinos, sublevouse contra o monarca, apoderouse del, cortoulle a man dereita e logo quitoulle a vida antes de ser proclamado rei dos Visigodos que gobernou do 603 ao 610.

Tradicionalmente creuse que Viterico favoreceu o arrianismo. Non existen probas diso, aínda que é probábel que o novo rei, aínda sendo formalmente católico, conservase as súas antigas crenzas. En todo caso, politicamente non era conveniente volver á situación anterior ao 589.

É moi escasa a información que se posúe do seu reinado, pero se sabe que estivo enfrontado a unha parte da nobreza e do clero (no entanto sábese que contaba co apoio dalgúns bispos, coñecéndose o caso do bispo Elergius de Egara, hoxe Terrassa).

Coñecemos o caso dun conde da Gallia Narbonensis chamado Búlgar de Bulgaran, que ao parecer foi torturado, encarcerado e despois desterrado. O propio Búlgar explica que foi axudado por dous bispos, Agapius e Serxio, que despois do reinado de Viterico ocuparon sedes metropolitanas (Serxio foi arcebispo de Narbona). Tamén se sabe que o bispo de Toledo, Aurasius, tivo dificultades, pero non é seguro que fosen motivadas por un enfrontamento co rei, pois podía tratarse dun problema relixioso interno.

No entanto sabemos que todos os citados conservaron a súa vida e os seus cargos, pois ata Búlgar foi reposto como conde antes da morte de Viterico (segundo el mesmo explica nunha das súas cartas, por mor dunha visión que tivera o rei) e participó máis tarde nas negociacións diplomáticas que buscaban unha alianza dos visigodos cos reis merovinxios.

Viterico loitou contra os bizantinos. Un dos seus xenerais ocupou Sagontia ou Xisgonza sen que se saiba en que ano aínda que debeu ser ao redor do 605. Probábelmente na mesma época foi ocupada Bigastrum (non moi lonxe de Cartago Nova) cuxo bispo xa aparece nas actas do Concilio toledano do ano 610.

No 607 Teodorico de Borgoña solicitou a man da filla de Viterico, chamada Ermenberga (talvez arriana), á que xurou que nunca privaría da súa condición de raíña. A princesa chegou a Châlon-sur-Saône pero a reina avoa, Brunexilda, e a súa neta Teudila ou Teudilana (irmá de Teodorico) instigaron ao rei borgoñón contra Ermenberga, e finalmente o matrimonio non chegou a celebrarse, sendo reexpedida a Toledo, sen o seu dote.

Viterico, ofendido, entrou nunha cuádrupla alianza con Teodeberto e Clotario (de Austrasia e Neustria) e con Axilulfo rei dos longobardos, dirixida contra Brunexilda e o seu neto Teodorico de Borgoña, en cuxas negociacións posteriores (xa en tempos de Gundemaro, sucesor de Viterico) participou o conde Búlgar de Bulgaran antes mencionado.

A alianza no entanto, non tivo éxito, aínda que das cartas de Búlgar despréndese que houbo unha serie de combates que tiveron como teatro a zona da Narbonense, pero non coñecemos nin a zona de operacións, nin a súa duración, nin o seu resultado.

Como Isidoro de Sevilla non fai ningunha mención a estes sucesos, pode deducirse diso que as loitas foron máis ben escaramuzas fronteirizas menores e que os visigodos non obtiveron ningún éxito. Sábese pola mesma correspondencia, que a Narbonense era teatro de moitas calamidades, pero non se indica cales eran nin se afectaban a outras provincias ou territorios.

Unha conxura de nobres, probábelmente dunha facción rival, e próximos ao clero católico, asasinou a Viterico durante un banquete, en abril do 610. O seu cadáver foi arrastrado polas rúas de Toledo. Os nobres conxurados aclamaron como rei a un deles chamado Gundemaro, probablemente dux da Narbonense. Tras a morte de Viterico San Isidoro escribiu: " matara coa espada, morreu coa espada".


Predecesor:
Liuva II
 Rei dos visigodos 
603-610
Sucesor:
Gundemaro