Credo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: eu:Kredo
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Liña 101: Liña 101:
[[sl:Veroizpoved]]
[[sl:Veroizpoved]]
[[sv:Trosbekännelse]]
[[sv:Trosbekännelse]]
[[ta:நம்பிக்கை அறிக்கை]]
[[uk:Символ Віри]]
[[uk:Символ Віри]]
[[zh:信經]]
[[zh:信經]]

Revisión como estaba o 19 de agosto de 2011 ás 02:25

O Credo é o conxunto de verdades de fe cristiá definido, segundo as igrexas cristiás, pola tradición apostólica e desenvolvidas nos dous primeiros Concilios Ecuménicos (o Concilio de Nicea en 325 e o Primeiro Concilio de Constantinopla en 381). Denomínase así polo verbo que o inicia na súa versión latina.

Aceptan este credo a Igrexa Siríaca, a Igrexa Etíope Tewahedo, a Igrexa Apostólica Armenia, a Igrexa Ortodoxa Copta, a Igrexa Apostólica Asiria e a Igrexa Ortodoxa. A Igrexa Católica afastouse destas Igrexas engadindo o filioque. As igrexas protestantes e a Igrexa Anglicana aceptan tamén estes credos na súa formulación pola Igrexa Católica.

Orixe

Dende moi cedo a experiencia de fe foi articulada mediante profesións de fe. As máis antigas teñen que ver co rito do bautismo polo que o catecúmeno recibía o perdón dos pecados e era acollido como membro da igrexa. O catecúmeno era bautizado no nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo, o que manifestaba unha profesión de fe trinitaria.

As igrexas de tradición bizantina chamaban a estas profesións de fe symbolon no seu dobre significado de sinal de identidade ou selo de unión e de colección ou sumario.

Nas Igrexas da alta Idade Media tivo especial relevancia o símbolo Quicumque atribuído a Atanasio de Alexandría.

Na Igrexa Ortodoxa o Credo como núcleo da tradición desenvolvida despois polos Pais da Igrexa, xunto coa Eucaristía e a Palabra de Deus (Biblia) é o fundamento da unidade das diferentes igrexas autocéfalas.

Na Igrexa Occidental, Ambrosio de Milán falaba dos doce artigos do credo evocando o alicerce dos doce apóstolos. Tamén este autor fala de símbolo como selo espiritual, meditación do corazón e tesouro da alma.

Co gallo da incorporación nas igrexas occidentais do filioque, isto é, a profesión de fe de que o Espírito Santo procede do Pai e do Fillo e non só do Pai, Roma e Constantinopla arreboláronse recíprocamente anatemas provocando o denominado Gran Cisma que dura ata hoxe.

Contido

O contido profesa a crenza en Deus coma orixe do Universo, na Encarnación e na Resurrección de Xesús de Nazaret identificado como o Cristo (Mesías), no Espírito Santo e na súa acción manifestada no perdón dos pecados e na comuñón dos fieis (Igrexa e comuñón dos santos) así como no Xuízo Final e na Vida Eterna. Aínda que formulado en grego e máis tarde en latín, dende o inicio tivo a súa versión siríaca, copta e armenia. Remata coa palabra hebrea Amén que significa adhesión confiada.

O Credo niceno-constantinopolitano, en resposta ao arrianismo céntrase na expresión do misterio da Santa Trindade.

Símbolo dos Apóstolos

Creo en Deus Pai todopoderoso, creador do ceo e maila terra,

creo en Xesuscristo, seu único fillo, noso señor,

que foi concibido por obra e graza no Espírito Santo, naceu de Santa María Virxe,

padeceu baixo o poder de Poncio Pilato, foi crucificado, morto e sepultado,

descendeu aos infernos,

ao terceiro día resucitou de entre os mortos, subiu aos ceos e está sentado á dereita de Deus Pai todopoderoso, dende alí ha de vir a xulgar aos vivos e aos mortos.

Creo no Espírito Santo, na Santa Igrexa Católica, na Comuñón dos Santos, o perdón dos pecados, a resurrección da carne, e na vida eterna. Amén

Credo niceno-constantinopolitano

Creo nun só Deus, Pai todopoderoso creador do Ceo e da Terra, do visible e do invisible.

Creo nun só Señor Xesuscristo, Fillo único de Deus, nado do Pai antes de tódolos séculos: Deus de Deus, Luz de Luz, Deus verdadeiro de Deus Verdadeiro, enxendrado non creado, da mesma natureza do Pai por quen todo foi feito, que por nós os homes e pola nosa salvación baixou do Ceo

e por obra do Espírito Santo se encarnou de María, a Virxe,e se fixo home;

e pola nosa causa foi crucificado, morto e sepultado,

e resucitou ao terceiro día, segundo as Escrituras,

e subiu ao Ceo e está sentado á dereita do Pai;

e de novo virá con gloria para xulgar aos vivos e aos mortos e o seu reino non terá fin. Creo no Espírito Santo, señor e vivificante, que procede do Pai e do Fillo, e co Pai e o Fillo recibe unha mesma adoración e gloria e que falou polos profetas.

Creo na Igrexa que é unha, santa, católica e apostólica. Confieso que hai un só bautismo para o perdón dos pecados. Espero a resurrección dos mortos e a vida do mundo futuro. Amén.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Ware, Timothy, The Orthodox Church, new edition, 1997
  • Meyendorff, Jonh, Byzantine Theology, 1983
  • Catecismo de la Iglesia Católica, (versión oficial en español), 1992
  • Hans Urs von Balthasar, Credo, meditationem zum Apostolichem Glaubensbekenntnis, 1989

Discografía

  • Credo, Schola Regina (Philippe Nikolov), Olivier Willemin, Jean-Paul Imbert, Pierre Thiollet, Universal Music, 2011