Argumentación: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: eu:Argudio |
m r2.6.4) (Bot: Engado: kk:Аргумент |
||
Liña 58: | Liña 58: | ||
[[it:Argomento (filosofia)]] |
[[it:Argomento (filosofia)]] |
||
[[ja:論証]] |
[[ja:論証]] |
||
[[kk:Аргумент]] |
|||
[[ko:논증]] |
[[ko:논증]] |
||
[[la:Argumentum]] |
[[la:Argumentum]] |
Revisión como estaba o 18 de agosto de 2011 ás 00:53
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Unha argumentación é un sistema de elocución que consiste en achegar razóns para defender unha opinión. Emprégase normalmente para desenvolver temas que se prestan á controversia, e o seu obxectivo fundamental é ofrecer unha información o máis completa posible, á vez que intentar persuadir aos demais mediante un razoamento.
Os textos e discursos argumentativos posúen unha organización peculiar. As categorías sobre as que se sustentan son as premisas e conclusións. O autor ha de reorganizar convenientemente os elementos temáticos para lograr do lector unha determinada disposición. Polo mesmo talvez sexa a argumentación o tipo de discurso en que o lector se acha involucrado dunha maneira máis directa. O autor, en todo momento, conta con el.
Na base de toda argumentación áchanse os principios da dialéctica e a lóxica:
- Desde o punto de vista da lóxica, tense en conta a noción de causalidade, que proporciona unha orde obxectiva. A causalidade supedita a unha causa uns resultados determinados, polo que cada paso é sostido polo anterior.
- Desde o punto de vista dialéctico, o texto da argumentación móvese sobre as probabilidades, nunca sobre certezas.
Os elementos da argumentación son
- a tese,
- o corpo argumentativo e
- a conclusión.
Os tipos de razoamentos utilizados no argumento poden ser:
- O argumento de autoridade (testemuñas fidedignas e citas,...)
- O sentir xeral da sociedade.
- A exemplificación e a comparación ilustrativa.
Os trazos lingüísticos:
- O emprego da primeira persoa do plural.
- As comiñas e as citas.
- As marcas de orde (primeiro, segundo, finalmente,...) que introducen as premisas
- A interrogación retórica (para atrae-lo interese do lector)
- Os guións ou raias. Para marcar distintos niveis.
- Os nexos que expresan causa ou consecuencia.
- A definición
- As metáforas, as perífrases, a sinonimia, a antítese, os paralelismos.
- Os tecnicismos.
- Complexidade sintáctica e longos períodos oracionais.
- A subordinación que supedita unha idea a outra.