Descentralización: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: eu:Deszentralizazio
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: tr:Adem-i merkeziyetçilik
Liña 47: Liña 47:
[[sv:Decentralisering]]
[[sv:Decentralisering]]
[[ta:பரவலாக்கம்]]
[[ta:பரவலாக்கம்]]
[[tr:Adem-i merkeziyetçilik]]
[[uk:Децентралізація]]
[[uk:Децентралізація]]
[[zh:权力分散]]
[[zh:权力分散]]

Revisión como estaba o 15 de agosto de 2011 ás 05:11

A descentralización pódese entender como proceso (desde o centralizado) ou como forma de funcionamento dunha organización. Supón transferir o poder, (e coma tal, o coñecemento e os recursos) dun goberno central cara a autoridades que non están xerarquicamente subordinadas. A relación entre entidades descentrais son sempre horizontais non xerárquicas. Unha organización ten que tomar decisións estratéxicas e operacionais. A centralización e a descentralización son dúas maneiras opostas de transferiren poder na toma de decisións e de mudaren a estrutura organizacional das empresas de forma concordada.

Formas de descentralización do Estado

  • Descentralización horizontal. É aquela que dispersa o poder entre institucións do mesmo nivel, como por exemplo as decisións sobre o gasto dun ministerio que se pode distribuír entre varios, ou o conxunto de competencias de cada estado nun conxunto confederal.
  • Descentralización vertical. A diferenza da anterior, permite que algúns poderes do goberno central se deleguen cara niveis de administración inferiores (locais ou territoriais de calquera índole) e pode adquirir as formas de desconcentración, delegación, devolución e privatización.
  • Descentralización administrativa. Supón o traslado de competencias da administración central do estado a novas persoas xurídicas de dereito público, dotadas dun patrimonio propio. Aínda que o poder central ten un control moi limitado sobre as actividades das entidades documentadas.
  • Descentralización política. Nela os poderes, competencias e funcións administrativas, normativas e de goberno, trasládanse a un órgano cunha base territorial determinada (nación, estado, rexión, territorio, localidade, comuna, etcétera).
  • Descentralización funcional. Consiste no recoñecemento ao órgano correspondente de competencias específicas ou delimitadas só a un sector de actividade; é dicir, o Estado asigna unha función técnica ou de servizos a unha entidade xestora que dispón de personalidade xurídica e patrimonio propio. Un exemplo pode ser una empresa pública.
  • Descentralización territorial. Entraña o traspaso de poder decisorio a órganos cuxo ámbito de actividade o xurisdición constitúe un territorio ou unha localidade.
  • Descentralización mixta. As dúas formas anteriores pódense combinar e dar paso a unha descentralización política cunha base territorial, como é o caso dos gobernos territoriais, ou ben a unha funcional e territorial, como sucede cunha empresa estatal nunha provincia.
  • Descentralización fiscal.