Reino do Congreso: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ca:Tsarat de Polònia
Axpde (conversa | contribucións)
file fixes
Liña 1: Liña 1:
{{País desaparecido
{{País desaparecido
|nome_oficial = Królestwo Polskie
Царство Польское ru
Reino de Polonia
|nome_oficial= Królestwo Polskie
Царство Польское ru
Reino de Polonia
|nome_completo = Reino de Polonia
|nome_completo= Reino de Polonia
|nome_curto = Polonia
|nome_curto= Polonia
|goberno = [[Monarquía Constitucional]] Estado satélite de [[Rusia Imperial|Rusia]]
|goberno= [[Monarquía Constitucional]] Estado satélite de [[Rusia Imperial|Rusia]]
|ano_comezo = 1815
|ano_comezo= 1815
|ano_fin = 1915
|ano_fin= 1915
|p1 = Ducado de Varsovia
|p1= Ducado de Varsovia
|bandeira_p1 = National Flag of Poland.svg
|bandeira_p1= Flag of Poland.svg
|p2 = Reino de Prusia
|p2= Reino de Prusia
|bandeira_p2 = Flag of Prussia 1892-1918.svg
|bandeira_p2= Flag of Prussia 1892-1918.svg
|s1 = Reino de Polonia (1916-1918)
|s1= Reino de Polonia (1916-1918)
|bandeira_s1 = National Flag of Poland.svg
|bandeira_s1= Flag of Poland.svg
|imaxe_bandeira =Merchant_ensign_of_Vistula_ships_of_Congress_Poland.svg
|imaxe_bandeira= Merchant_ensign_of_Vistula_ships_of_Congress_Poland.svg
|imaxe_escudo =
|imaxe_escudo=
|imaxe_mapa= Karte_kongresspolen.png
|imaxe_mapa= Karte_kongresspolen.png
|capital = [[Varsovia]]
|capital= [[Varsovia]]
|idioma_oficial = [[Ruso]]
[[Polaco]]
|idioma_oficial= [[Ruso]]
[[Polaco]]
|moeda= [[Rublo]]
|moeda= [[Rublo]]
}}O '''Reino do Congreso''' ou '''Reino de Polonia''' é unha entidade política, creada no [[Congreso de Viena]] en [[1815]] a partir do [[Ducado de Varsovia]], cando as grandes potencias europeas se reorganizaron logo das [[guerras napoleónicas]].
}}O '''Reino do Congreso''' ou '''Reino de Polonia''' é unha entidade política, creada no [[Congreso de Viena]] en [[1815]] a partir do [[Ducado de Varsovia]], cando as grandes potencias europeas se reorganizaron logo das [[guerras napoleónicas]].

Revisión como estaba o 14 de agosto de 2011 ás 17:02

Modelo:País desaparecidoO Reino do Congreso ou Reino de Polonia é unha entidade política, creada no Congreso de Viena en 1815 a partir do Ducado de Varsovia, cando as grandes potencias europeas se reorganizaron logo das guerras napoleónicas.

Historia

Nacemento do reino

O nacemento do Reino do Congreso se debe en gran medida ós esforzos de Adam Jerzy Czartoryski, polaco e ministro de asuntos exteriores ruso, que quería resucitar a Polonia como un aliado de Rusia. Obtén unha constitución liberal para o novo reino, que é moi parecida á do Ducado de Varsovia. Ademais, o Reino do Congreso, tiña unha armada e o seu propio goberno. Oficialmente, foi unha monarquía constitucional co tsar de Rusia levando o título de Rei de Polonia. A Dieta podía votar ás leis e era responsable do vicerrei representante do tsar. O 9 de decembro de 1815, o cargo de gobernador foi designado na persoa de príncipe Józef Zajaczek, que ocupará o cargo ata a súa morte en 1826.

A fin das Ilusións

O Reino do Congreso non durou máis de quince anos. Os problemas comezaron cando Nicolao I foi coroado tsar. Nicolao I, non tolerou ningunha restrición ós seus poderes en Polonia. Nomea o gran duque Constantino Romanov vicerrei de Polonia. Este quixo impoñer unha disciplina prusa no seo da armada do reino e os militares comezaron a conspirar el. Mentres que os rusos prevían utilizar ó exército do reino para intervir contra os movementos revolucionarios en Francia e Bélxica, o subtenente Piotr Wysocki e o seu grupo trataron de asasinar o gran duque Constantino, desencadeando unha insurrección contra Rusia. En xaneiro de 1831, o tsar foi deposto pola Dieta por transgredir en numerosas ocasións a constitución. A resposta do tsar non foi outra que a de enviar as tropas para acabar coa revolta polaca.

A rusificación

Tras once meses de guerra, Rusia controlou a situación. A constitución foi abolida, e as tarifas aduaneiras establecéronse entre Rusia e o reino para frear o desenvolvemento da economía do reino. As autoridades rusas pecharon as universidades e escolas superiores. O papa Gregorio XVI outorga á bendición a Nicolao I por liquidar do Reino do Congreso toda a tolerancia que Alexandre I permitira. No 1832, a administración recaeu nun goberno militar, a cargo do xeneral Iván Paskievich, quen levou a cabo unha política de rusificación. No 1856, Mikhaïl Gortchakov o sucede como gobernador do Reino de Polonia ata o 30 de maio de 1861.

O país do Vistula

En 1863, xorde unha nova revolta, a Revolta de Xaneiro. Tras a derrota dos insurxentes, instaurouse unha política de rusificación total. O proceso de unificación con Rusia foi proposto coa fin de acabar coas institución do reino polaco creadas en 1815. O ruso converteuse na lingua oficial. En 1868, os territorios do Reino do Congreso, foron incorporados ó Imperio Ruso baixo o nome de País do Vístula (en ruso: Privislinsky Kray). O nome, Reino do Congreso, continua sendo empregado para designar estes territorios ó longo do século XIX, aínda que a entidade política do reino non exista xa.

No ano 1915, a armada rusa abandona o Reino a máns dos alemáns e austrohúngaros.