Valente: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (bot Engadido: vi:Valens |
m r2.6.4) (Bot: Modifico: nl:Flavius Julius Valens |
||
Liña 56: | Liña 56: | ||
[[mr:व्हॅलेन्स]] |
[[mr:व्हॅलेन्स]] |
||
[[ms:Valens]] |
[[ms:Valens]] |
||
[[nl:Flavius |
[[nl:Flavius Julius Valens]] |
||
[[no:Valens]] |
[[no:Valens]] |
||
[[pl:Walens]] |
[[pl:Walens]] |
Revisión como estaba o 14 de agosto de 2011 ás 02:33
Valente, nado no ano 328 e finado o 9 de agosto do 378 en Cibalae, a actual Vinkovci (Croacia), foi emperador romano de 364 a 378, despois de que o seu irmán Valentiniano I lle cedese a parte oriental do imperio.
Traxectoria
Durante o seu reinado tivo que solucionar os problemas relixiosos xurdidos durante o mandato de Xuliano. Destituíu aos bispos arrianos e reafirmou o Credo de Nicea. Así mesmo tivo que facer fronte á rebelión encabezada por Procopio, un parente de Xuliano por parte de nai que pretendía ter máis dereitos á sucesión deste. Durante meses de campañas en Tracia e Asia Menor, Valente conseguiu derrotar a Procopio en Thyatria (Lidia) en 366, executando ao rebelde o 27 de maio do mesmo ano.
De 366 a 369 Valente liderou unha expedición de castigo con pouco éxito contra a tribo dos terwingos que apoiaran a Procopio.
Os godos, que estaban sufrindo a invasión dos hunos desde 376, buscaron refuxio dentro das fronteiras do imperio.
Valente admitiu que se asentasen en territorio romano na rexión de Tracia a cambio de tropas, xa que estaba planeando unha campaña militar contra o imperio Sasánida.
Unha rebelión dos godos ao mando de Fritixerno deu lugar á batalla de Adrianópolis, onde o exército imperial foi completamente derrotado. O mesmo emperador Valente achou a morte nesta batalla.
Do seu matrimonio con Alba Domnica naceu o ulterior cónsul Valentiniano Galates e dúas fillas, Anastasia e Carosa.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Valentiniano I |
Valente | Precede a: {{{DESPOIS}}} |
Dinastía Valentiniana-Teodosiana |